Sen novas participativas no Parlamento

Apuro os últimos minutos antes de marchar para o Taller Web 2.0 en Cataluña para levar algunhas ideas traballadas sobre a participación cidadán a través do Web do Parlamento Catalán. Algunhas delas son ideas que se repiten en diferentes cámaras do sistema español (agardo con moitas esperanzas o Plan de Modernización do Congreso de Deputados) pero entre liña e liña volto ó Parlamento de Galicia.

Unha mágoa: neste caso aínda queda todo por facer. A única canle de “participación” que temos nesta cámara é un enderezo do webmaster. Igualiño que os foros de debate (o Parlamento Vasco está a piques que presentar unha iniciativa moi interesante neste campo), as listas de enderezos electrónicos cos representantes, os chats (que se fixeron na Asamblea de Madrid) para non falar dos blogues dos deputados…

En fin, faranos falla un Manuel Marín,unha Izaskun Bilbao ou un Ernet Benach que decidan dar algún paso neste eido. Mentras tanto, seguiremos contando cunha web do parlamento de Galicia moi desfasada.