Jan 3, 2007 3
Parte hartu! e outras percepcións
O Parlamento Vasco acaba de poñer en marcha unha iniciativa (Parte hartu!, que quere dicir ¡Participa!) para achegar a institución ós cidadáns. A crónica de Iñaki en ‘Administraciones en red’ é realmente boa. A pesar de que a iniciativa non me chega de lonxe vou tratar de dar a miña opinón o máis obxetiva posible.
Ante todo creo que como acostuma a pasar nestes casos a idea sempre xurde por interés duns poucos que, a súa vez, teñen que loitar contra outros moitos. Por tanto, non creo que haxa que dar palmadiñas coma si a iniciativa estivese sendo un absoluto cumio pero dende logo creo que hai que tomala como referencia para poder seguir avanzando neste campo da participación cidadá.
Fai uns anos a Asamblea de Madrid promoveu unha serie de conversacións instantáneas (que duraron un ano) con diferentes deputados. Non tivo moita repercusión e quedou esquencida (así, a nova páxina web da Asamblea nin fala desta interesante iniciativa).
Por iso, imos ver:
É importante que os parlamentos traten de achegarse ós cidadáns. En primeiro lugar porque a maioría de nós non sabemos realmente as importantes funcións que estas institucións teñen para a comunidade. Se se abriran canles realmente interesantes de participación, as leis poderían estar participadas polos cidadáns.
Tamén é certo que esta idea require dar unha percepción de utilidade para o cidadán, que neste portal pode quedarse pequena.
Pero é preciso lembrar que os principáis axentes que deberían estar implicados non parecen telo moi claro. Empezando polos medios de comunicación, seguindo polos políticos e seguindo polos cidadáns.
Unha das críticas que eu lle faría é que probablemente se esta idea partira do traballo colaborativo dende o principio os diferentes axentes tomaríanna coma unha idea propia e non coma unha allea que lle ven imposta. Cómo coordinar este traballo colaborativo é, obviamente, o verdadeiramente difícil. Pero a rede vennos dicindo que, en xeral, o imposto xera rexeitamento.
En fin, efectivamente podemos cuestiona-los fins, critica-la forma, e, sen dúbida, dicir que hai que mellorar. Pero todo iso recoñecendo o mérito das persoas que, dende dentro desta institución, poñen todo o interés e entusiasmo para que a participación cidadá vaia vendo a luz, sorteando máis obstáculos que incentivos. Sería unha mágoa que esta iniciativa perdera de ser un pasiño máis para seguir mellorando a ciberdemocracia neste país.
Recent Comments