Mulleres e Tecnoloxías da Información

Despois de ler un post de fai uns días de Xaime decídome a reflexionar por escrito sobre o uso das tecnoloxías por parte das mulleres. Onte lin que segundo unha enquisa as mulleres galegas empregan a novas tecnoloxías menos ca os homes.

É un tema que xa levamos tempo á voltas con él, pero é a verdade, por moito que nos desagrade a moitas atoparnos a miúdo nun círculo de homes onde unha non sabe moi ben se ten que actuar con normalidade ou ben sorprenderse do ambiente. En calquera caso, agrádame ver que as mulleres cada vez máis imos chegando con forza, resístome a aceptar que aínda haxa parcelas tan delimitadas dependendo de se un é home ou muller.

Para rematar, estou lendo un libro que leva por título “Las mujeres y las tecnologías de la información. Internet y la trama de nuestra vida” de Cecilia Castaño editado por unha colección dixirida por Manuel Castells. Os comentarios para outro día.