Canto vale a miña identidade?

Levo uns días cavilando nun tema que se bem parece obvio preocúpame bastante. Nunca fun moi partidaria de rexistrarme naqueles sitios onde a unha -para enviar unha simple mensaxe ou expor unha opinión- ten que dar un tipo de información totalmente persoal e privada, entre ela o número do DNI.

O tema xa é moi antigo. Os cidadáns / usuarios temos o perigo de cometer atropelios (mentir, difamar…) ós nosos representantes que, indefensos, teñen que permanecer alerta de que esta información non se descontrole. Podo chegar a entender en determinados contextos que os cidadáns sexamos moi agrevisos e, sen unha prepación deliberativa previa, as consideracións sexan máis impulsivas que razoables. Pero aínda así, teño unha grande dúbida:

Que fai esta xente coa nosa información? Se me rexistro nunha páxina web dun municipio para enviar (mediante formulario, non vaia  ser que cun enderezo dun correo electrónico saturemos o buzoncillo do receptor) Quen ve esa información? Anda o meu DNI paseándose nas mans dos operarios de turno que, ó mesmo tempo, pode utilizalo para outras cuestións?

Noutros debates xa falamos de que esta información está protexida pola Lei de Protección de Datos. Pero sinto moito, non creo que sempre se cumpra. Quen controla que tódolos sitios onde se pide esta información se cumpla a Lei? Xa tiven acceso a algúns onde se di que se cumple e logo non é verdade.

Todo esto ven a colofón dunha noticia que saíu onte en relación a China. Obviamente non é comparable o tema pero o que trato de dicir é que nas sociedades coma a nosa, na que se di que a nosa identidade é libre, non é totalmente así. Cómo se xestionan os chamados portáis de participación cidadán onde o cidadán para participar ten que dar toda a información persoal xa mencionada?

Asemella ser unha peza máis que no argumento de que os políticos, polo momento, son os que seguen controlando o xogo da comunicación nesta ciberdemocracia.