Participación

Repensar algunhas ideas simples de vez en cando non ven de máis. Ás veces, falamos replicando únicamente palabros, sen ter un significado totalmente claro.

Comentábame unha persoa esta mañá que agora “a participación está de moda“. O certo é que se nunha democracia hai que dicir que a participación está de moda resulta moi preocupante: unha democracia debería levar implícito a implicación dos cidadáns (para algo é o goberno dun pobo) si é preciso exisir a participación cidadá nunha institución democrática e como deixar claro que nela só hai de democrático o nome.

E a participación no é contarlle  ós cidadáns o que os políticos fan, nun se trata dunha comunicación cunha soa dirección (sen reposta) nin tampouco de abrir posibilidades de diálogo, senon de utilizar ese diálogo como canle para, realmente, levar a cabo accións políticas discurridas no mesmo.

Si se pensa que a participación é facer grupos de traballo, reunións con asociacións, ou -tendo en conta Internet- establecer contas de correo electrónico, foros, chats para que os cidadáns se desafoguen, pero sin que haxa unha verdadeira intención de tomar acción nesa deliberación e futura posta en práctica, aínda non entendo moi ben de qué estaríamos falando.