López Orozco

Acabo de chegar de Lugo de falar de participación cidadá a través de Internet. O Alcalde desta cidade, José López Orozco, xa me tiña sorprendido noutras ocasións anteriores, no que ó fomento da participación cidadá se refire, pero dende logo esta mañá volvín a reafirmarme. Polo momento conta cun blog actualizado (e con comentarios!), tódolos xoves de fin de mes ‘chatea’ cos usuarios veciños e responde persoalmente ós correos electrónicos que os mesmos lle envían.

Xa nos gustaría que fose unha tendencia máis xeneralizada….

A rede para acadar simpatizantes

Fai pouco estiven falando cunha persoa vencellada ao novo colectivo con revindicacións políticas que está xurdindo en Cataluña, é Ciutadans de Catalunya, para ver de qué forma están aproveitando Internet para establecerse na sociedade é darse a coñecer. Desta forma teño que empezar a dicir que despois de enviar un e-mail xenérico de petición de información o webmaster da páxina contactou conmigo en menos de 48 horas (coa fin de semana por medio) e tivemos a ocasión de falar de vagariño.

Entre as reflexións que ambos compartimos destaco as seguintes:

  • Sen Internet, este colectivo non chegaría o número de afiliados e simpatizantes aos que está acadando. Hoxe en día –en palabras deste especialista- quen se queira facer oir na sociedade se non utiliza Internet non ten moito máis que facer. A Rede é, para este grupo, a principal canle para conseguir afiliados.

  • Internet permite que os simpatizantes procedan de diferentes puntos. Ademáis de cidadáns cataláns tamén –a través de Internet- abundan, por certo, varios de A Coruña, Madrid, entre outros puntos do territorio español.

  • Internet permite a libre expresión para un colectivo que pode non atopar facilidades nos tradicionais medios de comunicación. Efectivamente, a ‘Axenda Setting’ fai que os grupos politicos xa establecidos controlen as axendas dos periodistas e un colectivo con novas reivindicacións pode non atopar un espacio neste texido mediático.

En canto as cuestións internas, este webmaster tivo a amabilidade de contarme que:

  • Só unha persoa se dedica a xestionar os temas relacionados coa web deste partido que, co crecemento que está tendo (en canto a afiliados) de contado se verán obrigados a destinar novos recursos.

  • Tódolos correos electrónicos se contestan (segundo afirmou). Van dirixidos a una web xenérica de información e, a partir de ahí, canalizanse a persoa indicada.

  • A maioría dos correos electrónicos son –segundo as mesmas fontes- de apoio ao manifesto deste colectivo ou de solicitude de información. Moi pouco son os que se dedican únicamente a insultos ou mensaxes despectivas.

Este é un exemplo de cómo un colectivo pode aproveitar Internet para constituir e darse a coñecer nesta nova sociedade da, xa, información.

O resto da información, coma non, pódese atopar na web deste grupo: http://www.ciutadansdecatalunya.com/

 

O triste número das alcaldesas galegas

Sempre, pero hoxe estou especialmente reivindicativa coa situación actual da muller. Non nego que gracias ás nosas predecesoras hoxe moitas puidemos estudar na universidade e incluso ‘disfrutar’ de pequenas píldoras de libertade que as nosas avoas non tiñan. Pero éncheme de crispación cando se achega a celebración do día da muller traballadora (o aniversario do voto feminino quedará para outra ocasión) e aos nosos representantes brótalles da boca palabras de eloxios e reinvindicacións hipócritas que intentan cegar a realidade. Sinto moito pero non me creo as políticas que se están facendo.

Fai un ano o xa desaparecido Haro Tecglen escribiu un artigo sobre o 8 de marzo co que me identifiquei plenamente: a loita non é de mulleres contra homes. E a de todos xuntos para ir movendo esta sociedade. Dicíao para defenderse dalgunhas políticas feministas que intentan despreciar todo e canto caracteriza ao sexo masculino intentado impoñer o valor das mulleres. E quizáis, en moitos casos, os verdadeiros perigos ‘machistas’ están en comportamentos das mesmas mulleres. Sería un largo discurso que daría para unha análise enteira, cando en realidade con estas liñas só pretendía unha pequena introducción. Por iso, vou pasar a algo que quero deixar de manifesto hoxe aquí.

 

 

Despois de facer un pequeno percorrido por diferentes páxinas webs con información dos concellos galegos, obtiven o seguinte dato:

Dos 315 municipios de Galicia UNICAMENTE 19 está presididos por mulleres. Quere dicir isto que de 315 rexidores soamente 19 son alcaldesas, o resto ( nada menos que 296) son alcaldes.

Catro delas son da provincia de A Coruña (Cabanas, Melide, Muros e Valdoviño), dúas de Lugo (Guitiriz e Sober), cinco de Pontevedra (Bueu, Cuntis, Mos, Rivadumia e Vigo) mentras que Ourense é a provincia con máis alcaldesas: A Bola, Carballeda de Valdeorras, Cartelle, Cualedro, A Porqueira, Ramirás, San Cibrao das Viñas e Sandiás.

Una pequena lista que non fai máis que amosar unha triste realidade que nestos días se encherá de corseles… Todo o discurso debería ser máis natural. A solución está en homes e mulleres que vaian na misma liña. Algo que aínda está por ver.