Preparativos web para as próximas eleccións

Fai uns días, durante a Festa da Rosa do PSC, fixeime que o presidente do goberno apoiabase nun atril quewww.psoe.es publicitaba o enderezo dunha páxina web: socialistes.org un detalle que, de aquí adiante, será algo máis que habitual: dende páxinas persoais (quizáis blogs) ata sitios web feitos expresamente para as campañas.

Case sen darnos conta xa é algo habitual que os políticos utilicen Internet como medio propagandístico. Cabe suliñar que isto non ten nada de malo e ata é algo totalmente lícito, o que xa non creo tan apropiado é que nos fagan creer que están fomentando formas de “participación cidadá”, cando únicamente tratan de atrapa-la atención do usuario/elector para que proporcione o seu voto.

Curiosamente Internet adaptado as campañas electorais foi unha das accións que primeiro xurdiron dentro da vida política coas novas ferramentas tecnolóxicas. Foi no primeiro debate presidencial, no ano 1996 entre Bill Clinton e Bod Dole. Foi nese momento cando Dole fixo algo que ningún candidato tivera feito antes: anunciou o enderezo da súa páxina web e convidou ós cidadáns a visitala.

Nese ano 96 evidenciouse que Internet sería un componente significativo para as campañas electorais. A partir dese momento, os partidos políticos publicaron as súas propias páxinas web e os candidatos os seus diarios de campaña.

Nos próximos días proliferarán os blogs políticos e outras novidades webs que terán como obxetivo os vindeiros comicios. O que aconteza despois (o que permanezca despois) está por verse.

 (Documentación: Richard Davis (1999) The Web of Politics)

Discurso político do Software libre

Celebro que Galicia se vaia poñendo ó día -aínda que sexa cun pouco de retraso- na adaptación das novas tecnoloxías ó goberno. Neste eido, a Universidade de Santiago oferta este verán un curso que leva por título ‘Goberno electrónico: As novas relacións da administración coa cidadanía‘.

Pero en todo o programa hai algo que non me cadra: o curso está cofinanciado pola Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información da Xunta de Galicia e por Microsoft!

Nos últimos tempos a Directora Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información da Xunta estaba facendo unha aposta polo Software Libre (ó menos así costa nunha ducia de medios de comunicación: Europa Press, Hispalinux, Softwarelibre.org, Finanzas.com, GaliciaDigital, entre outros) por iso que se sente ó lado de Microsoft parece distorsionar o discursiño que viñan facendo.

Sempre lle tiven un pouco de fobia a que a aposta dos gobernos polo Software Libre fose un mero oportunismo (electoral, como tantos outros) máis que unha verdadeira convicción social.

Agardemos que só fose un lance anecdótico e non unha contradicción política.

Visita ó Congreso

Hoxe estiven no Congreso facendo una visita guiada polo deputado José Ramón Mateos onde tiven a ocasión de ver tódolos experimentos tecnolóxicos que o presidente da Cámara, Manuel Marín, está a levar a cabo para modernizar o Congreso.

Sorprendeume moi gratamente a actitude de Mateos xa que, todo por iniciativa propia, é un ciber-deputado. Pero tamén veño ca sensación de que o Congreso ten aínda moito que avanzar.

Creo que Marín está a facer unha gran aposta por actualizar a Cámara pero tamén teño a sensación de que habería que dotar ó Congreso de algo máis que de tecnoloxía.

No hemiciclo, e vendo tódolos termináis nos escaños, unha das preguntas que lle fixen a Mateos foi: Cantos deputados saben e soen utiliza-los? A resposta foi algo máis que un soriso. Creo que, ó igual que nos outros campos, a adaptación tecnolóxica pasa previamente pola formación e coñecemento.

Teño a seguridade de que se houbese na Cámara algún deputado máis como Mateos o Congreso modernizariase moito más a presa: Hai que ter gañas de facer desfacendo, e a moitos políticos cústalles, simplemente, recoñecelo.

 

Deputados e medios de comunicación

Confeso que estos días ando un pouco sensible co tema: deputados sensibilizados ou non coas novas tecnoloxías?

Pero agora mesmo estou un pouco confundida:

Leo na revista ‘Tiempo’ unha reportaxe sobre os deputados do Congreso con blogs e despois da lectura (prometo escribir un e-mail ó xornalista e non quedarme nunha mera queixa de palabraría cobarde) estou un pouco decepcionada, debe ser que a conversa que esta tarde tiven coa miña amiga Teresa sobre a pésima situación do xornalismo -no que a capacidade de crítica e especialización dos profesionais se refire- inflúe no estado de ánimo que me aflixe no momento de escribir esta anotación.

O certo é que despois de ler a reportaxe teño a sensación de que non se trata nada máis que de tres follas enchidas de palabras que van e veñen, sen deixar unha idea clara ó final. A reportaxe -na miña opinión- explica ó uso dos blogs por parte dos deputados do Congreso e fai un tratamento como se fose o xogo do pim-pom: un di isto, outro dí o outro, pero ó final non queda nada claro.

Quen se molestou en estudar o tema e en facer unha exposicion dos feitos e valoración (por suposto, o máis complicado) non pode deixar caer en balde este tratamento informativo que esta revista fai da información. Trátase dun enfoque que non aporta máis que uns datos que xa son coñecidos. E sobre todo, é tremendamente propagandístico pois si ben é certo que estos 18 deputados que teñen blog fan unha labor pioneira, a maioría deles non deixa de facer propaganda da información do partido.

Por outra banda (e en recoñecemento a todos aqueles deputados que levan axundándome todo este tempo) xustamente aparecen na reportaxe os menos colaborativos de cara ós investigadores (non todos).

Debe ser que, como en todo o demáis, cando un ten unha cámara diante a motivación cambia.

Cantas mulleres somos?

Rematou e-findex, e non vou dicir máis do que xa dixeron algúns dos asistentes máis activos (Andrés, non hai fotos…) , salvo que foi un gran pracer coñecer persoalmente algúns dos autores dos blogs que supoñen para min unha visita habitual (Alberto Ortiz ou Rafael Chamorro) ou de voltar a ver a Carlos Guadián e atoparme con Juan Freire.

Pero tamén teño que dicir que unha vez máis (e os anos parecen que non pasan para iso) o número de mulleres presentes non é para nada comparable co de homes, e para non falar do ámbito da política.

E remato con algún comentario reflexivo-pesimista: A onde imos con tantos blogs? Serven de algo as bicátoras que existen por existir, sen ter nada máis que contar? Os políticos, teñen algunha validez os cadernos persoais cando empregan a súa lexitimidade para falar de cuestións que non son para nada profesionais?

Listas masivas, por que sí?

Unha das deputadas do Congreso comentoume por correo electrónico que as listas de distribución están dificultando a interacción vía e-mail entre a cidadanía e os representantes. Ela dicíame literalmente:

“El correo electrónico se presta a los abusos y lo más molesto son las listas, hay quien cree que por invadirnos el buzón con mails vamos a ser más receptivos, es todo lo contrario, es mucho más efectivo un mail de un ciudadano explicando su problema que 500 mails todos iguales, que dificultan el trabajo por el tiempo que te hacen perder y acabas desconfiando de sus intenciones”.

E certamente, eu estou dacordo con ela. Lémbrome, por exemplo, das listas masivas das que fan usos grupos de presión (irremediablemente, lémbrome de ‘Harteoir.org‘) e pregúntome se -ademáis do que din os propios representantantes- estos grupos están a facer un favor ou non as posibilidades de participación cidadá na vida política a través de este medio tecnolóxico.

Polo de agora: esta deputada fechou a opción de comentarios no seu blog e varios parlamentos autonónimos aplican fortes filtros que impiden que moitos correos electrónicos dos cidadáns cheguen aos parlamentarios.

Lecer@xunta.es

Fai uns días lin en Código Cero que a Vicepresidencia da Xunta acaba de habilitar un e-mail (lecer@xunta.es) para recibir “suxerencias e comentarios dos maiores de Galiza”.

Antes de apresurarme a emitir un xuízo, probei a enviar un correo electrónico facendo unha propuesta e unha consulta, polo momento non recibín resposta (imos esperar algo máis…).

Pero aínda así non saío do meu asombro: Segundo un recente estudo publicado polo Instituto Galego de Estadística, so un 2,4% dos galegos maiores de 55 anos utilizou Internet durante o ano 2004.

Canto menos, parece unha medida un pouco drástica propoñer un correo electrónico como forma de que os maiores fagan suxestións.

Pregúntome se, ante estas cifras, dende a Vicepresidencia se pensa facer algunha campaña de alfabetización para os maiores, se os correos que se envíen van a ter resposta (ou unicamente van funcionar como un buzón de suxestión) ou se só se trata de crear esta dirección, darlle difusión a través dos medios de comunicación (por certo, Cantos farían algo máis que publicar a nota de prensa enviada pola institución?) e crear un ‘ilusión’ de democracia participativa….

 

E a participación?

Fai uns días un dos parlamentarios galegos con blog (José Manuel Lage) publicou no seu caderno unha anotación do estilo que, na miña idea, deberían ser os textos publicados polos membros do Parlamento nos seus blogs: Intentar achegar a súa actividade política ós cidadáns e non para contarnos a súa vida persoal.

Inmediatamente,  varios usuarios participaron deixando a súa opinión a favor ou en contra do proposto por Lage e dou lugar a un interesante debate, pola variedade de puntos de vista.
 

O que máis me chamou a atención é que un dos participantes intentou levar o que non parecería ser máis que un cruce de diferentes opinións a un campo persoal.  O usuario en cuestión ofendeuse polas opinións doutra participante que eran diferentes ás súas.

Curioso, pero o usuario molesto é un político.  

Levoume varios días asimilar que aínda que algúns representantes (como Lage) estén dando pasos interesantes neste camiño de experimentación coas novas tecnoloxías, a outros aínda lles falta o máis importante: saber escoitar e, sobre todo, saber participar.

Un paseiño polo Congreso…

Unha curiosidade:

A día de hoxe dos 339 deputados do Congreso (215 homes e 126 mulleres) un total de 294 teñen un correo electrónico público. Dos deputados polas provincias galegas (un total de 24, 15 homes e 9 mulleres) teñen un e-mail público 22. Tres deles (os tres homes) contan incluso con dous enderezos e outros dous (deputados pola Coruña) non fixeron público ningún correo (segundo a páxina do Congreso).

Moi interesante. Agora só resta escribirlles.

Pd. Zapatero ten a súa mentras que Rajoy resérvase.

Cidades singulares

Con un pouco de deformación profesional enfréntome a noticia das medidas adoitadas polo Goberno para ‘afianzar a converxencia dixittal no marco do Plan Avanza‘. Entre outras medidas, nace o programa de ‘Cidades singulares’ para darlle continuidade o programa ‘Cidades dixitais’.

Teño a sensación de que esto dos programas avanza moi rápido, moito máis rápido que o coñecemento dos cidadáns. Agora imos a polas cidades singulares e Que aportaron as cidades dixitais? E aínda máis delicado, Que son as cidades dixitais? Dame que poucos poden dar unha resposta.

Unha bágoa. Porque parece que todo é un discursiño político. Disque van levar Banda Ancha ás zonas rurales. Falan de 20 millóns de euros. De ‘nivel de desenrolo da cidade no ámbito da Sociedade da Información’ e doutras palabrerías que non parecen ser máis que iso. Verbas e verbas.

Mentras tanto, a conexión a Internet seguirá sendo das máis altas de Europa (iso sen falar das compañías) o número de persoas con acceso a Internet non medra tanto como se di e a fenda dixital aínda está sendo moi moi alta. E iso non se vai salvar dotando de máis tecnoloxías. Para qué se queren máis ferramentas se non se saben usar?

E da igual si se fala de ‘cidades dixitais’ ou de ‘cidades singulares’ porque a xente normal non entendemos a onde queren ir. Estou enganada?