Un blog político con comentarios

Ante esta moda dos blogs políticos parecía que todos se iban a apuntar o tanto facendo un diario na rede pero, eso sí, coa modalidade de ‘bloc’ e non de ‘blog’; é dicir: diarios sen permitir a opción de comentarios. Pois non. Resulta que o alcalde de Lugo, José L. Orozco, acaba de sacar un blog en toda a regra: Tódolos lectores poden facer comentarios.

 

Ademáis de información bibliográfica, artigos propios e información do seu Concello o alcalde está publicando neste blog información con moita frecuencia, hoxe mesmo -sábado- aparece a súa última anotación.

Outro dos aspectos máis interesantes deste blog é, no meu parecer, que o alcalde non fai unha mera descripción das súas tarefas diarias coma alcalde, como en certo modo viña facendo Anxo Quintana no seu Diario de campaña nas eleccións autonómicas. Directamente expón reflexións propias que poden ou non estar vencelladas a algún acto ou anécdota propia na súa axenda de alcalde. E todas estás reflexións están sometidas ao debate dos lectores para que opine e falen delas.

Todas as anotacións teñen comentarios (moitos deles moi duros) pero non hai cousa que, sendo verdade, non se poda calar con razóns. Por explemo, o post de ‘Botellón’ foi un dos máis debatidos e comentados entre os seus lectores.

Non podo rematar esta anotación de hoxe sen expoñer que tamén me resulta interesante o uso que indistintamente o alcalde fai do galego e do castelán. Iso denota unha maior naturalidade no uso da nosa lingua.

Oxalá este exemplo de político con blog e comentarios sexa seguido por outros representantes. Seguiremos observando pegadiños a rede….

 

Tui e Valença: unha comparación das webs municipais

A suxestión de Iván Rodríguez, e coa súa colaboración, fixemos unha discreta análise entre as páxinas web oficiais de dúas localidades: unha galega e outra do próximo Portugal. Por cuestións de semellanzas de poboación e industriais (ambas turísticas, próximas xeográficamente, entre outras variables) eleximos a pontevedresa de Tui (16.680 habitantes) e a lusa de Valença (14.187 habitantes).

A análise plantexada partía das seguintes cuestións:

1. ¿A páxina web é sinxela de atopar?

2. ¿A páxina web é fácilmente navegable?

3. ¿É accesible?

4. ¿Ten información turística (dirixida á visitantes)?

5. ¿Ten información municipal (dirixida á cidadanía da localidade)?

6. ¿Está actualizada?

7. ¿Permite alguna forma de participación da cidadanía?

Algúns dos resultados son os seguintes:

1. Para saber si as respectivas páxinas web son doadas de atopar, fíxose unha primeira búsqueda a través de google. Tanto no caso de Tui como no de Valença o resultado foi óptimo no primeiro intento.


2. Ao abrir á páxina web de Tui o resultado foi unha presentación ‘flash’ e a continuación nunha xanela coa mensaxe de “En construcción“. A esquerda aparece un menú con ligazóns a ‘Turismo’, ‘Visítenos’ e ‘Varios’. Cabe mencionar que a páxina só se pode consultar en castelán (o ‘botón’ da versión en galego e inglés non funcionan).

No caso de Valença a páxina web tamén se abre cunha presentación e a continuación aparece unha xanela con varias mensaxes, cabe suliñar que os textos (que se moven de forma parpadeante e de dereita a esquerda) así coma algunha das imaxes dificultan a lectura. A esquerda aparece un menú con ligazón a ‘Administraçao municipal’, ‘Freguesias’, ‘Valença em noticia’, ‘Actividade Económica’, ‘Museus’, ‘Turismo’, ‘Desporto e Lazer’ e ‘Links’.


3. En canto a accesibilidade das respectivas páxinas, cabe dicir que nin a web de Tui nin a de Valença teñen versións adaptadas para persoas discapacitadas.


4. No que se refire a información para o cidadán / a cidadá alleo/a á localidade, o sitio web de Tui ofrece información tanto de lugares de interese para visitar como outra información relativa a restaurantes, alugamento (‘en construcción’), etc. O mesmo acontece coa páxina de Valença, onde tamén se tope atopar información sobre alugamentos, restaurantes, rutas turísticas, etc.


5. Da información que o Concello de Tui ofrece ós seus cidadáns a través da páxina web pódese mencionar a seguinte: ‘Tui hoy‘ (en construcción), ‘Agenda‘ (con información relativa ó ano 2005), ‘Cultura‘ (con información relativa ós horarios e datos de contacto do Museo Diocesano, Museo Catedralicio e o Centro de Interpretación da Natureza), ‘Organigrama do Concello’ (non funciona a ligazón), ‘Noticias‘ (sen información), ‘Callejero’, ‘Cámara de TVG’, ‘El Tiempo’ e ‘Loterías’ (con ligazóns a outros sitios web).

En canto a información que a Câmara Municipal de Valença ofrece os seus veciños a través da web suliñamos a seguinte: ‘Administraçao municipal‘ (onde o cidadán pode atopar información dos membros da corporación municipal, así como reglamentos, requerementos -non funciona o enlace- e contactos das diferentes institucións municipais). Asemade, pódese atopar información (turística, adminsitrativa, xeográfica…) das distintas freguesias que compoñen o municipio, noticias, e outra información coma enderezos deportivos ou de polígonos industriais. Hai que ter en conta que a páxina web de Valença abre (na primeira xanela de información) con datos relativos ó orzamento de Valença para o 2006 e con información da recalificación do municipio.


6. ¿Está a información actualizada? Na web de Tui non parece que haxa actualización máis alá da creación da mencionada páxina, mentres que no caso de Valença a última actualización data do 26 de xaneiro.


7. Sobre as posibilidades de participación cidadá da páxina web, pódese dicir que nin o sitio de Tui nin o de Valença ofrecen posibilidades de interacción cos veciños (foros, chats, etc.) Pero, a diferencia de Tui, na web de Valença sí aparece publicado un amplo directorio de enderezos electrónicos, postais e contactos telefónico. No caso de Tui nin sequera aparece un contacto co administrador da web.


Non é xusto con este rápido estudo facer unha conclusión consistente pero sí se pode apuntar, despois desta visita as dúas webs municipais, que a páxina de Valença está dirixida máis o cidadán da localidade que ó turista, ó contrario que a páxina de Tui.


Esta é unha idea. Sería interesante ver se esta hipótese é extrapolable a maioría das webs municipais galegas e portuguesas.

Un estudio indica que as páxinas web dos municipios galegos non contemplan ferramentas para permitir a participación dos cidadáns

Acabo de descubrir un interesantísimo estudio que RedeGalega.org ten publicado no seu sitio web. Nel, faise unha analise da presencia das páxinas web dos concellos galegos. Xornal.com publica unha a noticia que dí: O I Informe Técnico sobre a presenza dos concellos galegos en Internet, realizada por RedeGalega, tira como unha das súas conclusións que a “práctica totalidade dos webs municipais galegos, incumpren algunha lei”. Tras rastrear as súas 378 páxinas para saber qué se di sobre a participación ciudadán o resultado é o, lamentablemente, esperado: prácticamente inexistente.

 

Neste estudo a organización explica que por participación cidadán entende:

“Neste punto estudamos se o concello fornece algún sistema (típicamente algún foro ou taboleiro de mensaxes) que permita o contacto horizontal, o debate democrático cos cidadáns, a realización de suxestións, a resposta pública dos responsables municipais, etc. (a participación política, en definitiva). Entendemos aquí que un simple formulario de envío de suxestións ou de preguntas que non fiquen reflectidas nin contestadas públicamente é insuficiente neste sentido, así como a mayoría dos libros de visitas.

Según estos datos, a modo de exemplo, de toda a provincia de A Coruña só o Concello de Ames, Ferrol, Rois e Santiago cumplen con este parámetro de participación cidadán. Una cantidade moi simbólica ó lado de todo o conxunto.

Como apreciación personal, teño que engadir que a pesar de que a páxina web de Sada, segundo o estudio referido, non contempla ningunha ferramenta de participación cidadán a través da red, este municipo coruñés está adherido a un proxecto de participación cidadán onde o alcalde, os voceiros dos grupos municipais con representación no pleno, as asociacións interesadas e os mesmo veciños danse cita nun espacio virtual para debatir sobre cuestións relacionadas co seu Concello. E na mesa página web de Sada aparece un vínculo para acceder a este foro de participación cidadán.


 

 

 

A Xunta e a súa nova web

A Xunta de Galicia acaba de estrear a súa páxina web. Sen dúbida aparenta unha maior sencillez e moita máis información na portada, e é obvio que as novas tecnoloxías tamén están chegando a Galicia (como exemplo, tamén incorpora un vínculo a “Administración Electrónica“) agora a gran dúbida é saber se estos cambios repercutirán en beneficio dos cidadáns. Despois dunha navegación detida durante varios días gustaríame engadir, conste que sempre para mellorar, as seguintes consideracións…

 

Por deformación profesional unha das principais observacións que realicei desta web foi ver cántas direccións de correo electrónico se publicaban, é o resultado foi bastante máis positivo do que esperaba inicialmente (acostumada xa as decepcións que neste sentido nos fan ver as diferentes administracións públicas) pódese dicir que por cada sección figura coma mínimo un enderezo electrónico para consultar dúbidas, ademáis dos teléfonos e a maioría das veces das postáis. Ademáis, na Guía da Comunicación pódese atopar o enderezo electrónico de case todos as Consellerías e Secretarías Xeráis.

Esta web tamén incopora un servizo de atención específica para o cidadán onde se dá información cumprimentada para o mesmo. Recómendase a lectura da Carta de Servizos para o Cidadán publicada na mesma páxina web.

Sen embargo, cómpre facer as seguintes xugestións, comprométome a facelo tamén a través da web da que estamos a falar, pero igualmente como crítica, todo este proceso levará tempo xa que require un proceso demasiado (na miña opinión) formal que votará para atrás a máis dun cidadán.

Brevemente ¿De qué adolece está web? En primeiro lugar de linguaxe comprensible. Teño serías dudas de que tódolos galegos falantes (non só os informáticos ou técnicos especializados) comprendan as explicacións que se dan para facer os trámites a través de Internet. É unha bágoa que tan boa intención quede a medias por falta de boa comunicación (unha das mostras claras de que os inxeñeiros non poden facer o desenvolvemente social tan bem como o tecnolóxico).

En segundo lugar, penso que tamén adolece de axilidade. A pesar de que moitos dos trámites pódense facer a través da mesma Internet aínda o formato segue ser ese típico formulario administrativo que fai que cando un cidadán queira facer un trámite sinxelo (como é dar unha opinión, por exemplo) teña que dar inclusive o nome da súa pasta dentrífica para poder executalo.  E que conste que estos formularios tampouco están escritos cunha linguaxe apta para tódolos públicos.

Non podo concluir este escrito de hoxe sen facer mención a una idea que están facendo realidade varias institucións públicas vascas (Parlamento, Ayuntamiento de Vitoria-Gasteiz, Juntas Generales, entre outros) e no que teño a sorte de participar ¿En qué consiste? Pois en que estes organismos queren reformar as súas páxinas web e por iso, antes de anda, queren saber qué pensan os cidadáns, qué demandan, que votan en falla agora e qué lles gustaría atopar nas mesmas páxinas. Son os cidadáns, asesorados por investigadores e expertos, os que propoñen as ideas para que estas administracións as teñan en conta. Os interesados, están convidados a participar:  Taller Web 1.0

Pd. Debo engadir que onte mesmo escribir un correo electrónico pedíndo información sobre a forma de xestionar un trámite a través de Internet, da páxina da Xunta, e hoxe mesmo xa tiven resposta. Parece que o funcionamento, neste respeto, é bastante eficiente. 

 

A participación cidadán na web do Parlamento de Galicia

Quixera facer unha mención especial á páxina web do parlamento galego: www.parlamentodegalicia.es, un dos principias órganos de representación cidadán da nosa comunidade. Un portal cheo de información cumprimentada de actividades e novas dos representantes galegos. Inclusive se pode seguir o debate dos orzamentos para o ano 2006 no parlamento mediante arquivos audiovisuais. Una ferramenta de información aceptable pero de participación nula.

Ademáis de información institucional –moi importante porque en moitas ocasións os cidadáns nos sabemos con exactitude qué tarefas desempeñan as nosas institucións- así como da composición actual –e datas precedentes- dos parlamentarios, tamén se pode acceder ao Boletín Oficial de Galicia, a emisións audiovisuais en directo e arquivos, entre outra información de interese.

Sen embargo, non existe ningunha posibilidade de que os cidadáns se comuniquen cos seus parlamentarios a través desta páxina web. A diferencia doutras comunidades autónomas –poño por exemplo os parlamentos vasco, andaluz, extremeño, as cortes de aragón, entre outros- os parlamentarios galegos non teñen publicado un enderzo electrónico (só un teléfono de centraliña por grupo parlamentario ou un número de fax) para recoller as suxestións e comunicacións dos seus representados.

É, sen dúbida, unha reflexión para a “nova” composición. Se onte apuntábamos que os galegos son os que menos se conectan a Internet dende os fogares, en relación cos cidadáns das outras comunidades españolas, unha das liñas de estudo é ¿Ofrecen os nosos representantes oportunidades ou motivación para iso?

Como referencia propoño una análise que José Luis Dader  levou a cabo sobre a relación dos cidadáns a través do correo electrónico cos membros do Congreso dos Deputados é qué leva por tíduo: Sólo el 17,4% de los parlamentarios españoles responde a los e-mails de los ciudadanos.

PD. Sería pola miña banda inxusto non indicar que na páxina web do parlamento galego publicase un número de teléfono, un fax é o enderezo electrónico do webmaster, a que matizo que enviei unha consulta relativa aos enderezos electrónicos dos parlamentarios e aínda non tiven resposta.

Máis Internet para os representantes

Navengado volvín a atoparme, por casualidade, cunha información dos “pupitres dixitais” do Congreso dos Deputados que xa están funcionando. Pregúntome se a estas alturas “sus señorías” seguirán igual ou máis conectados que fai uns meses.

Esta modernide evócame ó estudo que J.L. Dader leva fancendo durante anos onde analiza -mediante enquisas por correo electrónico- qué uso fan os parlamentarios e senadores españois de Internet e do correo electrónico. E sinceramente, non é moito. Sobre todo si se teñen en conta outros referentes tales como Italia, Francia ou incluso outros países como Uk ou Portugal. Parece que España non termina de animarse.

Portugal é, neste sentido, todo un exemplo. Se un entra nesta web  pode ver sin ser preciso moita perquisa que aparece un listado de deputados co seu correspondente correo electrónico e caderno personal. Pero non é ningunha rareza. O anormal é que España aínda teña pavor a esto de potenciar a comunicación / interactividade co cidadán ¿Será que os españois son moi participativos e saturarían ós seus representantes? De calquera forma, o tema empeza a cansar porque tanto discurso “pensando no cidadán” non ten moito que ver coa práctica.

 En resumo: os cidadáns esperan algo máis porque de boas palabras xa está un esgotado.

¿Qué pasa na política galega coa tecnoloxía?

Gracias a un traballo en colaboración coa miña colega Mentxu Ramilo para ver o índice de implicación dos parlamentarios autonómicos en termos de participación cidadán, teño a sensación de que Galicia é unha das comunidades menos animadas no desenvolvento do que os tecnócratas veñen a chamar “democracia electrónica”. Para iniciar esta análisis fixemos previamente un estudo do estado da cuestión en Galicia. O resultado: Nada alentador. Iremos dando conta do mesmo puntualmente.

O certo é que creo que falla a “promoción”. Por exemplo, nas pasadas eleccións autonómicas Galicia dou un salto neste aspecto e incorporouse, segundo a miña visión, no tren das novas tecnoloxías. Sen embargo, nadie dixo nada, nadie fixo nada.Nen sequera os propios protagonistas seguiron o camiño.

Aínda que o resultado deste traballo que fixemos desta campaña electoral -análisis das web dos partidos e dos candidatos que concurrían ás eleccións- está pendiente de publicación non me resisto a contar algunhas das conclusión as que chegamos.

Os catro partidos políticos que se analizaron -PP, PSdeG, BNG e IU- tiñan páxina web e todos eles tiñan unha web personalizada do candidato, pero dos catro só dous facilitaban un correo electrónico para recibir mensaxes dos cidadáns: Pérez Touriño e Anxo Quintana. O candidato de PP dispoñían da dirección de e-mail do webmaster. Algunhas observacións foron que a web de Manuel Fraga -no seu momento:www.ppdegalicia.com/candidato/- era moi impersonal e os contidos eran prácticamente os mesmos que os da paxina do partido.

O PSdeG, pola súa banda, imitaba a web de Zapatero, nas eleccións lexislativas, ademáis dun correo electrónico, xa citado, incluia foros de opinón, información personalizada do candidato (currículo, entrevistas ou un saúda). Como novidade, incorporaba unha newsletter e una sección chamada “móvome”, imitando o lema da campaña (“Móvome por Galicia”), para que os cidadáns enviasen as súas fotografías e publicasen as súas mensaxes partindo de “móvome por…”.

A gran novidade do BNG foi “O diario de Quin” onde o candidato Anxo Quintana daba conta do día a día da campaña electoral. Este caderno foi citado en foros académicos por investigadores especializados. Unha das que eu recomendo é a de Irene Ramos Vielba, quen me autorizou a citala:

Segundo esta experta, Anxo Quintana puso en marcha o seu blog o 30 de maio para a campaña galega pero na súa opinión no se pode falar con propiedade de blog, xa que non ofrece a posibilidade de enviar comentarios ás anotacións que Quintana inclue na páxina. Así -engade- só facilita unha dirección de correo electrónico para enviar comentarios pero non anotación ó pe das anotacións senon noutra sección do sitio web. Ademáis, non se incorpora ningún enlace a outras blogs, sitios web ou outras páxinas. Así, Ramos Vielba considera que “se trata, sin más de una página personal donde, además de ofrecer datos biográficos, el político vierte sus opiniones sobre diversos temas de actualidad o informa sobre las actividades que ha llevado o llevará a cabo. Estamos, pues, ante un mero caso de mercadotecnica política: la utilización de la palabra ‘blog’ para atraer a un público iniciado en su uso”.

Neste sentido, só atopei durante a última campaña electoral galega un blog que sea merecedor de tal nome: o de José Manuel Lage Tuñas que manteu máis ou menos actualizado durante esos días e que a día de hoxe segue escribindo.

Ademáis destes comentarios, tamén son significativos outros proxectos que se realizaron na campaña galega neste ámbito. Algúns deles:

Galicia2005.net

Una iniciativa que Europa Press Net en colaboración coa Xunta de Galicia e o Parlamento de Galicia organizaron para que os electores galegos plantexaran cuestións e suxerencias ós candidatos que concurriron nas eleccións autonómicas do 19 de xuño, mediante foros abertos. As conclusións poden verse pinchando aquí.

eleccionesgallegas.com

Unha comunidade de blogs coa temática das eleccións galegas do 2005.

Unha empresa de Ferrol -Loro Estudio- desenvolveu una proxecto para descargar os programas electorais dos partidos políticos a través de móviles.