Administración&Cidadanía

Esta mañá estiven na Casa de Galicia en Madrid na presentación da revista “Administración&Cidadanía” da Escola Galega de Administración Pública. Aínda que posiblemente non estaba previsto falar de goberno electrónico nin participación cidadá, o tema empezou no turno de preguntas e continuou despois.

Teño que dicir que foi moi interesante coñecer personalmente a Ramón Bouzas Lorenzo (que xa mencionábamos no mes de xuño) e, como non, a Guy Petters, con quenes puiden intercambiar algunha impresión da participación cidadá e os novos medios.

O Prof. Petters dixo algunhas ideas que quero apuntar aquí: “O goberno electrónico é un tema de moda [...] pero tampouco é a panacea”, neste eido “ten os seus pros e os seus contras, por unha banda é unha forma de relacionarse do mesmo xeito cós cidadáns pero por outra banda” deshumaniza os servizos. “Así, pode ser moi incluinte pero por otro lado tamén pode xerar rexeitamento por parte dos cidadáns”.

Internet parlamentario

O último número da revista de estudios de comunicación ZER, da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade do País Vasco, publica un artigo feito en colaboración co meu director de tese, José Luis Dader. Co título: “Internet parlamentario en España (1999-2005): los recursos para el contacto ciudadano y su uso, con una comparación europea” é froito dun seguemento de anos.

Publico, có desexo de que sexa de utilidade e interés para alguén, unha traducción do resumo do artigo:

As páxinas web das cámaras parlamentarias e dos propios representantes, xunto cós enderezos públicos de correo electrónico dos deputados e senadores para o intercambio de mensaxes cós cidadáns, abren a expectativa dunha democracia electrónica ou ciberdemocracia, na liña das aspiracións da chamada ‘democracia deliberativa’. A comparación realizada entre os recursos de contacto ofrecidos polos parlamentos británico, francés, italiano e español amosa un atraso relativo das Cortes de España. En experimento adicional de consulta electrónica a tódolos deputados e senadores españoles coa dirección pública de contacto xenera un índice moi minoritario de respostas ó suposto cidadán de a pé que enviaba as mensaxes. A cifra obtida de respostas é inferior incluso á dun estudo similar de 2001, que xunto có anterior de 1999, é utilizado como base de comparación.

O resto do artigo atópase no número 20 da citada revista.

Nos vemos en e-findex!

A partir de esta tarde estaremos en las ‘Jornadas de la blogosfera’ e-Findex que se celebrarán en Cáceres. Para la mesa del sábado (que compartiré con Jaime Gragera Rodríguez, Rafael Chamorro y Alberto Ortiz de Zárate, y con Carlos Guadián como moderador) he preparado una comunicación que copio el resumen:

 “El uso del correo electrónico y de los blogs por parte de los diputados ha abierto dos nuevas vías de comunicación e interacción entre los representantes de la Cámara y los ciudadanos. Mientras que el e-mail es ya una herramienta institucionalizada por el Congreso, los blogs aún representan un canal incipiente de comunicación. En la siguiente exposición se presenta un análisis descriptivo de estas bitácoras para conocer qué nuevas oportunidades de información e interacción se están gestando con la expansión de los blogs de los diputados”.

Más info: http://esnips.com/web/diputados

E con este, xa van tres

O vindeiro mes de novembro terá lugar a terceira edición do Congreso Online do Observatorio para la Cibersociedad baixo o lema “Conocimiento abierto, software libre”.

No ámbito que nos ocupa, será un lugar no que se expoñerán diferentes ideas e apotacións sobre a ‘Democracia, Cidadanía e Participación’.

Alí estaremos!

Resultados dunha primeira práctica de participación cidadá a través da rede

Acábase de publicar unha análise sobre a participación cidadá a través de Internet de 25 municipios andaluces (con menos de 10.000 habitantes) nos que os seus cidadáns, asociacións e representantes políticos opinaban sobre diferentes cuestións relativas a cada concello.

Unha posible liña de traballo na que seguir avanzando para ver os defectos dunha incipiente participación cidadá nos pequenos municipios españois.

O informe completo localízase en: http://www.europapress.net/archivos/Informe_Guadalinfo-Ciudadanos2005.pdf 

Novas reflexións sobre a blogosfera

Grazas a invitación de Carlos Guadián uns blogueiros compartimos algunhas ideas sobre as bicátoras na revista ‘Infogedas‘. O motivo é, tal e como di Guadián, presentar o agregador de blogs de Propolis Club donde autores de blogs teñen un mesmo tema de reflexión: a Sociedade da Información.

O artigo desenvólvese en función de tres preguntas que nos fixo Carlos:

Desde tú actividad diaria profesional, la utilización de un blog ha supuesto cambios en la misma. Es decir, ¿tiene profesionalmente alguna utilidad para ti? ¿Ha supuesto alguna mejoría?

¿Qué fortalezas y debilidades ves en la utilización de un blog por parte de profesionales de la administración pública?

¿Por qué aconsejarías su utilización?

Rafael Chamorro, Iñaki Ortiz y Alberto Ortiz de Zárate, Josep Mª Reniu y Jordi Barrat ou Roc Fages comparten as reflexión en: Bloggers y Administración Pública

Hoxe estiven na presentación do libro “La blogosfera hispana” onde Fernando Garrido colabora cun interesante artigo, xunto con outros autores. Os que estivemos no encontro Enblogs’06 o pasado mércores puidemos coñecer algún avance, pero o capítulo (que leva por título: ‘El perfil del blogger español’) deste libro ten moita máis sustancia. Quédome -como fixo Garrido no encontro en Santiago para ‘provocar’- coas seguintes citas:

Según esta encuesta puede asegurarse que la blogosfera es eminentemente masculina [...] Por ocupaciones, se percibe una marcada y proporcional división entre los estudiantes (33,7%), los empleados en el sector de las TIC (25,5%) y una categoría que agrupa a todas las demás ocupaciones (34,1%). [...] En lo que hace referencia a la edad, los bloggers son significativamente más jóvenes que el usuario promedio de Internet..”

Para ler máis, pódese consultar gratuitamente o libro en en: La blogosfera hispana“.

Ademáis, de Fernando Garrido outros autores escribiron sobre temas moi interesantes: Rafael Chamorro trata de ‘Los blogs y las Administraciones Pública’ un capítulo que sen dúbida terei de man.

Un encontro en Santiago

Foi, sen dúbida, un pracer estar onte en Santiago no encontro que a Sección de Comunicación do Consello da Cultura Galega organizou para reunir a blogueiros galegos, portugueses o os que están interesados nesta nova comunidade na rede.

Supoño que como a tódolos presentes (e grazas a detallada información de Fernando Garrido) e a outros compañeiros deime conta de que os que temos un caderno en galego somos máis dos que pensaba. É toda unha ledicia este descubremento.

Tal vez, tal e como apuntaba Silvia Canabal (do Grupo de Novos Medios da USC), sexa unha oportunidade para que a nosa lingua se extenda no ciberespazo.

Aparte de poñer puntos de vista en común e de aprender dos compañeiros blogueiros tamén foi productivo estar de novo preto do querido Portugal (encarecidamente, merece a pena Manuel Pinto, da Universidade do Minho).

Sen embargo, funme do encontro cun desexo: Espero que desta vez Galicia sepa compartir o bo que poda ter (non só con Portugal) pois si hai algo que nos castiga e mirarnos continuamente o ombligo. Como di o meu benquerido Iván: ‘Como o noso non hai’ pero hai outros diferentes (tan bos coma nós).

 

Máis Taller Web 1.0

Non falla. Todos os compañeiros que nos demos cita os pasados días 19 e 20 de xaneiro en Vitoria falamos hoxe do mesmo: da grata experiencia que foi traballar en equipo sobre un mesmo obxectivo, co nome de Taller Web 1.0 . Comenzo o repertorio de citas, xa que todas elas -aínda que co mesmo tema- teñen o seu toque persoal entorno a idea traballada ó carón de Mentxu Ramilo. Obviamente, tratáronse temas de participación e se algo me quedou máis claro é que realmente para as institución tratar este aspecto na súas páxinas Webs é un tema moi delicado, por non dicir tembloroso.

En termos de participación, Jon Gómez Goikolea demostroume ser un claro exemplo de aposta pola participación nas institucións públicas, nin máis nin menos que no Parlamento Vasco (prometo desta seguir as súas recomendacións con Saphiro). Non sen razón, Jon -na proposta final para as administracións públicas- recomendou que os representantes políticos asumiran “a participación cidadán coma obxectivo”.
Tamén me quedo cas reflexión de Lorenzo Cotino cando no debate da participación “si”, “non” ou “como” apuntou que as administracións non debe confundir a participación con publicar un enderezo de correo electrónico nas súas Webs. Pareceume un recordatorio obvio pero, lembrando algúns dos sitios webs institucionáis polos que naveguei recentemente, pensei que efectivamente as administracións non o teñen tan claro.

Ademáis de Goikolea e de Cotino, había moita máis xente: Xuntas Xerais, Concello de Vitoria e un largo etcétera, que arroupado por compañeiros coma Xavier Fernández, Carlos Guadián, Roc Fages, Bell Llodrá, Clara M. Chu e moitas outras personas que, coa inestimable axuda da cidadanía, deronlle forma ó Decálogo de Vitoria-Gasteiz.

Agora, só resta ir a polo Taller Web 2.0…


Xente na rede

Carlos Guadián empezou a escribir sobre o primeiro día do Taller Web 1.0 que os pasados días xoves 19 e venres 20 tivo lugar en Vitoria. A experiencia mereceu a pena, así que unha vez máis o esforzo de Mentxu Ramilo deron os seus bos froitos. O mellor, aparte de facer un decálogo colaborativo de consellos para as páxinas webs das administracións públicas, foi a posibilidade de ver os compañeiros que de cando en cando ímonos xuntando neste obxectivo común de conseguir una sociedade en rede máis asequible e universal. Pero tampoco podo obviar o oportunidade que tiven de coñecer a xente realmente interesante, entre moitos outros, impresionoume José Luis Pardos, a quen moitos galegos lembrarán pola “Guerra do Fletán” en Canadá.


José Luis Pardos era embaixador de España en Canadá cando tivo lugar o Guerra do Fletán. Naquel momento as autoridades canadienses apresaron o barco vigués “Estai” e abreuse unha guerra diplomática entre España e este país. Gracias o encontro en Vitoria con José Luis Pardos,tiven a oportunidade de coñecer máis detalles daquel conflicto que tivo lugar no ano 1995.

Este embaixador foi o primeiro que creou unha páxina web “oficial” para dar a coñecer unha versión dos feitos diferente á que emitían os medios de comunicación, lóxicamente parciáis naquel pais, ante a amenza canadiense de bombardear ós barcos que estaban pescando en augas internacionais fletán. A páxina, que aínda se conserva, é http://www.sispain.org/spanish/ . Recomendo visitala, sobre todo a tódolos galegos que vivimos aquel espisodio con máis ou menos cercanía.

Pero José Luis Pardos, persoa que non deixa indiferente a ninguén, explicou tamén que consigueu poñerlle unha conta de correo electrónico o Rey de España, así como instalar videocomunicados en algunhas das tres embaixadas onde estivo e, como non, ir abrindo camiño nas institucións públicas nesta autopista das tecnoloxías da comunicación.

Con razón, é o embaixador das novas tecnoloxías.