Sep 20, 2006 8
A participación con tino
Nestes últimos meses a miña visión da participación cidadá mudou significativamente. Tiven varias experiencias que na práctica, no día a día, demostráronme que o común dos cidadáns (insisto, sen precisar e falando en termos xeráis) non está preparado para formar parte activa da vida política.
Sei que esta reflexión ten máis detratores que adeptos pero é unha cavilación personal cultivada durante meses de ‘hibernación’.
Para empezar, teño as miñas dúbidas de que ós políticos se lles pague para que abran foros, chats ou calquera outra canle na que os cidadáns se podan desafogar mediante descalificacións ou palabras malsoantes (penosamente, ocorre na maioría deles). Entendo, por tanto, que amosen certo rexeitamento a mostrarse como blanco.
En segundo lugar, non estou a favor da participación dos cidadáns que, amparándose na liberdade de expresión e demáis dereitos do individuo, actúen con intereses persoais e ocultando parte da súa verdade. É dicir, daqueles individuos que alegando o dereito de expresión manifestan opinións sen nengún tipo de fundamento deliberativo.
Finalmente, considero que a inclusión asidúa da participación cidadá nas cuestións públicas vai esperar: Certo que Internet e os novos medios abren novas formas de participación e, con elas, novas (ou vellas) reivindicacións, pero as decisións duns cuantos para os máis é un tema moi serio que, na miña opinión, non debería mostrarse coma unha fenda aberta para todo o que queira.
Por tanto, a estas alturas penso que non debemos apostar polo uso dos novos medios para incrementa-la propaganda política nin tampouco como unha panacea para que calquera individuo (sen a debida e cumplimentada información) poda dicir o que guste.




Recent Comments