Vigo estrea os ‘Cadernos cidadáns’

‘Cadernos Cidadáns’ xa é unha realidade e nin máis nin menos que na miña terra. Por iso, antes de empezar a explicar os pormenores do tema en primeira persoa teño que soltar que me sinto satisfeita de que por primeira vez neste camiño profesional que estou seguindo unha cidade galega sexa a pioneira. Agora os detalles…

Podo dicir que levamos meses traballando no tema (gracias compañeiros do día a día) e gardando o segredo pero hoxe, despois de voltar de Vigo (cómo chovía…) e de ver toda a difusión que os medios de comunicación (a casa Europa Press ou o a web de referencia para min Código Cero e outros medios de Granada, Fuerteventura o Palencia, entre outros) teño que engadir algunha cousa máis que non sae na prensa.

No se puede mostrar la imagen “http://www.codigocero.com/200x200/cidadans_net.jpg” porque contiene errores.

Imos por partes: Europa Press, coa referencia do director de Novos Proxectos, (despois de intentar todo cos políticos por intentar fomentar un espazo de debate público a base de propostas e deliberación) empezou a traballar na idea de cómo encauzar a participación cidadá a través da liberdade de expresión entre os veciños dunha determinade comunidade pero co apoio dun Concello e o seu goberno. Así xurdiu a idea de ‘Cuadernos ciudadanos’ cun dos obxectivos claves: crear redes sociais dixitais dentro dun determinado municipio.

A concelleira de Participación de Vigo, Marta Iglesias, amosou dende o principio un apoio firme a esta idea. Así foi como, coa súa colaboración, a idea de ‘Cuadernos Ciudadanos’ foi cobrando forma e convertíndose en ‘Cadernos cidadáns’.

Aclaro: É un proxecto novo, por iso é mellorable en todos os seus aspectos (empezando polo técnico). Pero tamén penso que é unha idea interesante xa que detrás do que cada cidadán poda expresar hai un goberno que, como mínimo, observará e oirá o que digan os vigueses.

Pola miña banda asumo o compromiso (persoal e profesional) de analizar o detalle e a repercusión que os comentarios dos blogs de Vigo teña nas accións dos seus políticos.

Agora sería moi intersante para min recibir as vosas recomendacións e suxestións. Graciñas de antemán.

Mulleres nos medios de comunicación

Hoxe a Xunta de Galicia asinou un “Acordo Galego pola Igualdade nos medios de comunicación: un compromiso de loita contra todas as formas de discriminación social“. Paradóxicamente, entre a lista de asistentes (representantes dos medios de comunicación galegos) únicamente aparece unha muller ¡de 22 xefes só unha muller! É unha mostra de cómo está o tema en Galicia. E teño entendido que son estes representantes os que van a “denunciar as opinións, actitudes, comportamentos ou decisións que promovan, inciten ou apoien o racismo, a xenofobia e a discriminación”, entre as que están as sexistas. Humildemente, cóstame pensar que vai ser verdade….

Pode que Rita Penedo pensara o mesmo cando se veu esta mañá no medio de 21 homes que firmaron este acordo. Obvio que todos estes varóns terán boa predisposición para cumprir o que hoxe firmaron. Pero non se pode deixar pasar unha crítica a esta situación.

O problema é que esta situación é extensiva a todo o territorio galego. Algo que non sé da en Cataluña, en Andalucía, no País Vasco…

É unha bagoa que as mulleres teñan tan poucas oportunidades en Galicia. Por iso máis de unha temos que emigrar. Igual que o fixeron os nosos país uns anos antes, e os nosos avós anteriormente.

Rita seguramente hoxe fixo historia. Oxalá que de aquí en adiante se siga escribindo en femenino e en masculino.

 

17 de maio: Día das Letras Galegas e Día de Internet

Despois da primeira edición o ano pasado do “Día de Internet” este ano repítese o acto. E por si fose pouco coincide co día das nosas letras (Día das Letras Galegas, adicado este ano a Manuel Lugrís). Podemos pensar que se nalgún momento tivemos oportunidade de facer ruído rivindicando a nosa cultura ese día pois agora está máis eclipsado por outra festividade. Esa pode ser unha idea (moi pouco intelixente, na miña opinión). Outra sería que os nosos gobernantes aproveitasen a oportunidade e a potencialidade da rede para impulsar as  nosas letras a través de Internet. Como ben di Luis Arroyo: Trátase de facer o mesmo pero vestidos de Internet.

 

Precisamente nunha reunión mantida cos promotores da idea (Asociación de Usuarios de Internet) e os diferentes colaboradores (unha bágoa que non había ningún representante galego, a diferencia do ano pasado) Miguel Pérez, Jesús Valbuena e as demáis personas que potencian este evento, comentaron como novidades para este 2006 que un dos obxectivos será involucrar ós países de Latinoamérica. Así, en representación atopábase na reunión unha voceira da Casa de América.

  

Calquera pode poñer en marcha (en conxunto, sempre será máis fructífero) calquera idea que lle xurda, co apoio de todo o equipo de profesionáis do Día de Internet.

 

Desexo, espero e quero pensar que Galicia saberá sacarlle partido a tal día para potenciar e fomentar o coñecemento das súas letras polo mundo enteiro, porque si o 17 de maio é o Día de Internet para nós tamén é o Día das Letras Galegas.

Cidadáns participativos, cidadáns máis felices

Casualmente atopeime cun párrafo no último libro de Eduardo Punset que alude directamente o que lle aporta a participación ós cidadáns: “Los estudios realizados por los profesores Bruno FreyAlois Stutzer han confirmado los resultados de un experimento con seis mil ciudadanos suizos. Los índices de felicidad aumentan en función del mayor grado de de participación individual de los ciudadanos en las tareas políticas. De hecho, no todos los cantones suizos ofrecen los mismos márgenes de libertad. (…) Se trata de un hecho sorprendente y totalmente incomprensible para los que nunca se ocuparon de velar por la felicidad de sus ciudadanos”.

Unha vez lido este párrafo costa ser consciente de que sexan os propios políticos os que en primeira instancia os que teñan a posibilidade de ofrecerlle ós cidadáns máis ou menos vías de participación, condicionando así os seus “indices de felicidade”. Este argumento parece suficientemente sólido como para obrigar a tódolos poderes políticos a fomentar a participación cidadán na vida pública.

Pero sen embargo, mentras sigan utilizando os medios de comunicación de masas -e aludo sen piedade a televisión, a radio e a prensa escrita- os cidadáns seguirán imaxinando que se non é así (dudo incluso de que o cheguen a plantexar) é porque os políticos, coma sempre, pensan no ben dos seus cidadáns.

¿Cómo non? Se a o poder reside na sobería popular….

Galicia, cada vez máis lonxe dos conectados

Un dos titulares do día de hoxe foi: A fenda tecnolóxica entre Galicia e España aumenta cada ano. Fai referencia a un informe publicado por Telefónica no que se revela datos do uso de Internet nos fogares galegos, nos concellos e outros que amosan o longo recorrido que aínda queda por andar en Galicia.

 

Algúns datos son meramente consumistas como que “só” un 38 por cento dos fogares galegos conta cun ordenador, mentras que a media española está no 48,1% ou a europea no 45%.

Pero outros evidencia a gravidade da desigualdade: En Galicia só o 19,1 por cento dos fogares teñen acceso a Internet, frente ó 30,6 por cento de España ou do 45% da media Europea. Esto significa, segundo o mesmo estudo, que o diferencia de Galicia con España en canto a fogares con acceso a Internet incrementouse nun ano en 3,41 puntos, ata situarse en 11,71%.

Fóra datos, isto quere dicir que os residentes en Galicia teñen cada vez máis distancia respecto a outras comunidades autónomas. A alarma coincide cos datos do último estudio da Fundación Auna: Galicia é a comunidade autónoma con menos fogares conectados a Internet.

A única forma de tratar de mellorar esta situación é tratar de facer o esforzo económico onde toca: na formación necesaria para os cidadáns. Quizás non sexa preciso gastar cartos en implantar sistemas de sinatura dixital para os altos cargos (que pouco ou nada útil aportará á cidadanía) é o momento de apostar, por exemplo, nunha rede de centros de acceso gratuito a internet que incorporen os dinamizadores adecuados para dar formación e asistencia os galegos con menos posibilidades de acceso a Internet. Galicia non pode quedar fóra desta liña. Os esforzos teñen que ir por este camiño.

Emigrantes na rede

Confeso que ando un pouco obsesionada co tema dos emigrantes galegos en Suíza. Será porque o tema me toca de cerca. Ademáis de inquedarme por si hoxe os emigrantes teñen máis posibilidades de información –non poño en dúbida as de comunicación, que estou segura de que sí- pregúntome se ademáis das típicas visitas electorais que os políticos ultiman en campaña electoral, importa en algún aspecto o qué pensan os galegos no exterior.

Busco se hai información dos Centros Galegos no exterior: algún correo electrónico pero o tema das páxinas webs na miña opinión aínda está un pouco floxa. Sego insistindo no tema das páxinas webs municipais: o máximo que ofrecen son información turística –está claro que aínda se segue entendendo coma unha forma de propaganda-. Pero do que non hai nin pegada é cando un retornado intenta seguir o rastro do que xa –qué dúbida hai- forma parte da nosa historia: o lugar de acollida.

 ¿Algunha pista dos emigrantes galegos en Suíza?

Sería inxusto pola miña parte non citar Emigración galega”, Fillos de Galicia”, Galicia Sempre” e , a rigurosa reportaxe que Domingo Sampredo fixo sobre os emigrantes galegos en Suiza fai varios anos, e outra dúcia de lembrazas para quen o tema da inmigración é algo máis que unha mera palabrería oportunista.