Jul 25, 2006 5
Xornalismo cidadá no Correo Galego
Levo varias semanas observando a páxina web de El Correo Gallego e opción de que os lectores poidan publicar comentarios. Paréceme unha sabia decisión chea de dosis de humildade (o que tantas veces lles/nos falta ós xornalistas).
O diario El Mundo alardea de ser o primeiro “sitio Web español que permitiu que os lectores valorasen a importancia e transcendencia das noticias” (algo que ahora é ben superado por Meneame ou Chuza, a modo de exemplo).
Pero o que está a facer El Correo Gallego (algo que tamén fai 20minutos) é na miña opinión moito máis importante: Trátase de darlle importancia e credibilidade ó que din e poden aportar os cidadáns. Algo que outros moitos (entre os que están tódolos diarios coñecidos de Galicia) aínda non fan.
E o resultado é interesante sobre todo para as informacións de ámbito local:
* Fai uns días o diario do que estamos falando publicou unha nova dun veciño que tivo una accidente nunha praia dunha comarca galega. O xornalista publicou uns datos e foron detallados por varios veciños testemuñas que estaban na zona. Que validez ten esta información cidadá? Neste caso, para min, moita más que a que pode precisar o xornalista que publicou o que a Cruz Vermella ou Protección Civil lle indicou.
* Por outro lado está aquela información que permite un debate sobre un tema concreto, por exemplo: a situación política dun municipio.
Paréceme que esta forma de facer xornalismo de El Correo Gallego terá que ser exportada a outros medios, creo que o voto de confianza que lle da este xornal ós seu lectores a través da web debe ser tida en conta.
Pd. Fixen a proba en diversas ocasión emitindo os meus comentarios as novas para ver se eran censuradas e canto tempo tardaban en publicarse. Ningunha delas foi retirada (ningunha era ferinte e insultante) e o comentario que máis tempo tardou en actualizarse foi un de catro minutos.

Recent Comments