Discurso político do Software libre
Celebro que Galicia se vaia poñendo ó día -aínda que sexa cun pouco de retraso- na adaptación das novas tecnoloxías ó goberno. Neste eido, a Universidade de Santiago oferta este verán un curso que leva por título 'Goberno electrónico: As novas relacións da administración coa cidadanía'.
Pero en todo o programa hai algo que non me cadra: o curso está cofinanciado pola Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información da Xunta de Galicia e por Microsoft!
Nos últimos tempos a Directora Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información da Xunta estaba facendo unha aposta polo Software Libre (ó menos así costa nunha ducia de medios de comunicación: Europa Press, Hispalinux, Softwarelibre.org, Finanzas.com, GaliciaDigital, entre outros) por iso que se sente ó lado de Microsoft parece distorsionar o discursiño que viñan facendo.
Sempre lle tiven un pouco de fobia a que a aposta dos gobernos polo Software Libre fose un mero oportunismo (electoral, como tantos outros) máis que unha verdadeira convicción social.
Agardemos que só fose un lance anecdótico e non unha contradicción política.

Saludos paisana, te seguiré leyendo :-)
(Comment this)
Miguelnr, estoy de acuerdo contigo! La Xunta no tiene porqué cerrar todas las puertas, pero lo que intentaba resaltar en esta entrada es quizás un doble discurso no del todo claro. Yo también empezaré a leer tu blog! (Comment this)