Sábado 24 de Junio de 2006

Participación en contra da construcción de vivendas nas costas galegas

Vendo o exemplo de movilización cidadá en pro dunha vivenda digna (Plataforma por una vivienda digna, Wiki - Vivienda Digna, ou o cento de bicátoras que se publican con anotacións neste senso) en todo o territorio quisen facer un seguemento da movilización que está tendo lugar en Internet en contra da construcción de máis de 500.000 vivendas nas costas galegas:

Unha das miñas primeiras sorpresas foi que ó facer as primeiras perquisas nos buscadores máis coñecidos atopei un elevado número de 'Ofertas inmobiliarias' (incluso unha promotora ten o seu propio blog), que sobresaen sobre as publicacións críticas.

Por outra banda, tamén abundan os blogs con entradas adicadas ó tema (VigoBlog, Nomadas.Blog, Prazadorei, entre outros) pero non existe un blog específico do tema -quitando casos concretos como o da Mariña Lucense, de Nigrán ou de de Sanxenxo- e, por suposto, tampouco outro tipo de publicación, como pode ser un wiki.

Outra curiosidade é, na miña opinión, que ó revés do que pasou noutros casos, Internet vai por detrás das movilizacións e queixas cidadáns neste tema. É dicir, nas continuas movilizacións que estiveron levando a cabo en pro dunha vivenda digan a rede era un catalizador das reinivindacións e xeraba novas propostas e queixas (por exemplo, movilizacións colectivas) neste caso galego unicamente está servindo para facer públicas accións que existen, pero ser aproveitarse das posibilidades de Internet.

Haberá que ver si en Galicia se toma o exemplo de usuarios activos na rede e se aposta por ferramentas colaborativas para facer unha verdadeira reivindicación colectiva na rede que poida ter, ou non , posteriormente, outras reivindicacións nas rúas.
Posted by eva at 14:30:14 | Permanent Link | Comments (3) |
Comentarios
1 - solo hay que pasar por Barreiros y observar los trabajos de aplanamiento para construir la mayor concentración de viviendas unifamiliares de la mariña lucense, ya da pena ahora, eso no es dar vida a una zona, los propios habitantes de la misma se veran involucrados en un incremento del precio de las cosas desproporcionado, que no les pase nada. (Comment this)

Escrito por: victor at 2006/06/25 - 09:48:49
2 - Supoño que o tema exíse un manifesto ou algo así, e un logo para colgar nas páxinas que o asinen.

pablo (Comment this)

Escrito por: pablo gonzalez at 2006/06/26 - 09:06:22
3 - É un bo comenzo e sería sinal de que ó menos unhas cantas personas está de acordo.... (Comment this)

Escrito por: Eva at 2006/06/26 - 09:48:07
Escribir comentario