Deputados e medios de comunicación
Confeso que estos días ando un pouco sensible co tema: deputados sensibilizados ou non coas novas tecnoloxías?
Pero agora mesmo estou un pouco confundida:
Leo na revista 'Tiempo' unha reportaxe sobre os deputados do Congreso con blogs e despois da lectura (prometo escribir un e-mail ó xornalista e non quedarme nunha mera queixa de palabraría cobarde) estou un pouco decepcionada, debe ser que a conversa que esta tarde tiven coa miña amiga Teresa sobre a pésima situación do xornalismo -no que a capacidade de crítica e especialización dos profesionais se refire- inflúe no estado de ánimo que me aflixe no momento de escribir esta anotación.
O certo é que despois de ler a reportaxe teño a sensación de que non se trata nada máis que de tres follas enchidas de palabras que van e veñen, sen deixar unha idea clara ó final. A reportaxe -na miña opinión- explica ó uso dos blogs por parte dos deputados do Congreso e fai un tratamento como se fose o xogo do pim-pom: un di isto, outro dí o outro, pero ó final non queda nada claro.
Quen se molestou en estudar o tema e en facer unha exposicion dos feitos e valoración (por suposto, o máis complicado) non pode deixar caer en balde este tratamento informativo que esta revista fai da información. Trátase dun enfoque que non aporta máis que uns datos que xa son coñecidos. E sobre todo, é tremendamente propagandístico pois si ben é certo que estos 18 deputados que teñen blog fan unha labor pioneira, a maioría deles non deixa de facer propaganda da información do partido.
Por outra banda (e en recoñecemento a todos aqueles deputados que levan axundándome todo este tempo) xustamente aparecen na reportaxe os menos colaborativos de cara ós investigadores (non todos).
Debe ser que, como en todo o demáis, cando un ten unha cámara diante a motivación cambia.

http://www.lavozdegalicia.es/ed_barbanza/noticia.jsp?CAT=121&TEXTO=4886656 (Comment this)
Saludos, (Comment this)