Jueves 08 de Junio de 2006

Lecer@xunta.es

Fai uns días lin en Código Cero que a Vicepresidencia da Xunta acaba de habilitar un e-mail (lecer@xunta.es) para recibir “suxerencias e comentarios dos maiores de Galiza”.

Antes de apresurarme a emitir un xuízo, probei a enviar un correo electrónico facendo unha propuesta e unha consulta, polo momento non recibín resposta (imos esperar algo máis…).

Pero aínda así non saío do meu asombro: Segundo un recente estudo publicado polo Instituto Galego de Estadística, so un 2,4% dos galegos maiores de 55 anos utilizou Internet durante o ano 2004.

Canto menos, parece unha medida un pouco drástica propoñer un correo electrónico como forma de que os maiores fagan suxestións.

Pregúntome se, ante estas cifras, dende a Vicepresidencia se pensa facer algunha campaña de alfabetización para os maiores, se os correos que se envíen van a ter resposta (ou unicamente van funcionar como un buzón de suxestión) ou se só se trata de crear esta dirección, darlle difusión a través dos medios de comunicación (por certo, Cantos farían algo máis que publicar a nota de prensa enviada pola institución?) e crear un ‘ilusión’ de democracia participativa….

 

Posted by eva at 16:09:21 | Permanent Link | Comments (1) |
Comentarios
1 - Corrixo: Dende a Consellería de Igualdade respondeume o seguinte:
"O obxectivo desta dirección electrónica é que todos os maiores galegos

que o desexen poidan aportar as suxerencias e comentarios para completar

os contidos do programa Lecer para os nosos maiores."
Non me conforma a pregunta, así que vou voltar a pregunta máis, a ver cántos e-mails tiveron.... (Comment this)

Escrito por: Eva at 2006/06/21 - 22:47:30
Escribir comentario