Miércoles 31 de May de 2006

E a participación?

Fai uns días un dos parlamentarios galegos con blog (José Manuel Lage) publicou no seu caderno unha anotación do estilo que, na miña idea, deberían ser os textos publicados polos membros do Parlamento nos seus blogs: Intentar achegar a súa actividade política ós cidadáns e non para contarnos a súa vida persoal.

Inmediatamente,  varios usuarios participaron deixando a súa opinión a favor ou en contra do proposto por Lage e dou lugar a un interesante debate, pola variedade de puntos de vista.  

O que máis me chamou a atención é que un dos participantes intentou levar o que non parecería ser máis que un cruce de diferentes opinións a un campo persoal.  O usuario en cuestión ofendeuse polas opinións doutra participante que eran diferentes ás súas.

Curioso, pero o usuario molesto é un político.  

Levoume varios días asimilar que aínda que algúns representantes (como Lage) estén dando pasos interesantes neste camiño de experimentación coas novas tecnoloxías, a outros aínda lles falta o máis importante: saber escoitar e, sobre todo, saber participar.

Posted by eva at 10:31:37 | Permanent Link | Comments (5) |
Comentarios
1 - Home, hai xente moi apaixoada coa defensa das súas ideas e que non poden evitar caer no terrorismo conversacional e nos ataques "ad hominen" (http://www.vandruff.com/art_converse.html).
Pero é normal, non para asustarse. Cando se fala de fútbol, eu tamén caio nos erros habituais dunha persoa que non coñece o ritual da discusión futbolera.
Ademais o usuario molesto non parece un político senón máis ben un cidadán con interese ou militancia política (non é político no senso popular de que representa ou foi elexido polo pobo). (Comment this)

Escrito por: Chaider at 2006/06/03 - 11:34:22
2 - Acabo de crear un enlace á túa anotación dende o meu blog. Non atopei o "trackback" e non sei si o tes ou algo. Poño aquí o enlace para segui-la conversa: http://obazardenes.blogaliza.org/2006/06/07/blogs-e-politicos/

o fío da anotación é... ¿para que serve o blog dun político? porque últimamente lendo algúns deles -e con honrosas excepcións- paréceme que non se lles saca proveito. Resumiríao en "Non basta con tender pontes. Hai que cruzalos."

Moi interesante o teu blog (Comment this)

Escrito por: andrés at 2006/06/07 - 08:45:00
3 - Grazas Andrés, pola túa aportación. Eu son totalmente da túa opinión, de feito (e coa axuda dunha compañeir: Mentxu Ramilo) estamos facendo un traballado para investigar algo más no sentido que apuntas (http://www.interneteuskadi.org/wiki/index.php/Wikicracia) e como non cambien, moitos dos políticos utilizan o seu blog como una ferramente máis de propaganda...
Por certo, trato de facer un cometnario no teu blog e non me resulta posible. (Comment this)

Escrito por: Eva at 2006/06/07 - 13:03:56
4 - podes volver a probar o do comentario... non vaia a ser que exista algún problema e a xente non me fale por iso! jeje

o único que se me ocorre e que para pór un comentario obliga a por dirección de correo electrónico, senón non te deixa. Se non é por iso envíame un correo plis! (Comment this)

Escrito por: andrés at 2006/06/07 - 15:27:53
5 - Andrés, debes ter algún problema co servidor porque me resulta cmpletamente imposible. E non atopo o teu enderezo. Tes o meu aquí en 'Datos persoais' deste blog... (Comment this)

Escrito por: Eva at 2006/06/07 - 16:43:33
Escribir comentario