Martes 23 de May de 2006

Ideíñas.net dun proxecto de participación cidadá

A través do blog de O Outeiro dei cun debate que dende fai un mes se está dando sobre a iniciativa de participación cidadá a través de Internet 'Ciudadanos2010.net'. Os ánimos sempre relativizan os males e as críticas permiten mellorar.
 
Sen embargo -e que conste que eu tiña a mesma visión e a que se habitúa a fomentar nos ambientes críticos ata que me metín de cheo no allo- cando un empeza a falar con alcaldes, políticos, e demáis axentes un vai vendo a cruda realidade. Aclaro que algúns políticos son verdadeiros exemplos neste mundo da 'democracia dixital' (e dos que temos que aprender cada día) pero lamentablemente son os menos...
 
Podería facer un listín con frases que vou acumulando na cabeza e que resumo (obviamente de forma anónima): "un equipo de goberno está onde está para ser votado" e, en consecuencia, para gañar as eleccións, por tanto as críticas "que caían as que teñan que caer" pero darlle o gusto á xente de criticar porque sí, non resulta. Estas argumentacións son algunhas das que periodicamente caen dos representantes.
 
Uns dos aspectos máis criticados a esta iniciativa é que no sexa anónimo e que no rexistro os usuarios teñan que dar o seu DNI. Claro que pode ser criticable pero a experiencia demostra que cando un da a cara (ou o nome) pois acostumamos a medir máis as palabras. E iso os políticos coñéceno así que de partida é practicamente unha condición: Os representantes queren ter garantías de que non vai ser un espazo de insultos e calumnias sen máis. En segundo lugar, tamén se apunta que "aínda que no é excluinte solicítase ó usuario no proceso de rexistro de qué localidade é" pois ben ese dato requírese únicamente para obter datos estadísticos que (sen vencellalo nunca co nome), unidos a outros de participación, investigadores especializados neste ámbito (Observatorio del Voto electrónico, IESA, etc.) poden traballar para mellorar na construcción da democracia dixital.
 
Finalmente, pareceme moi interesante a aportación de Pedro Prieto Martín, ó que se alude neste debate de "Otra democracia es posible", pero pareceme pouco aplicable ó ambito no que se está a desenvolver a iniciativa de 'Ciudadanos2010.net'. É dicir: antes de "recomendar" (e digo esta verba con moito tino) tódalas opcións de participación é preciso coñecer o ámbito de actuación. E este ano compartido dame para asegurar que se realmente se ofrecesen unha variedade de opcións a maioría delas non serían actualizadas. Porque: é preciso ter uns políticos implicados, ter uns cidadáns mentalizados na participación, ter un dinamizador ou encargadado de mediar calquera iniciativa de participación cidadá implicado, neutral e convencido da democracia dixital. Iso, sen esquencer o importante número de políticos que aínda non sabe prender ordenador, o amplísimo grupo de cidadáns (sobre todo no ámbito rural) que aínda tembla ó escoitar a palabra "Internet" e o difícil que é atopar ese dinamizador convencido e convincente.
 
Estas claves -sen esquencer o aspecto económico, porque 'Ciudadanos2010.net' é gratuito para os concellos pequenos- fan que unha iniciativa de participación cidadá sexa ou non posible e interesante.
 
É realmente necesario pensar en formas de mellora de canles de participación cidadá. E esta iniciativa da que estou a falar, por ser das primeiras, é moi mellorable. Pero tamén é ben certo que non son válidas únicamente as propostas ideolóxicas porque cando un intenta levalas a cabo verá que aínda, e desafortunadamente, non é tan doado...
Posted by eva at 23:57:44 | Permanent Link | Comments (1) |
Comentarios
1 - Me parece que en muchas ocasiones la alta o baja participación en un proyecto no depende de el sistema de registro, más o menos restrictivo, sino de nuestra propia idiosincrasia, poco comprometida con temas sociales.

Desde luego que el que la gente tome conciencia de lo importante que es su opinión. de que si no se mueve no va a conseguir nada es uno de los elementos adversos con los que tenemos que luchar día a día.

Enhorabuena por tu reflexión. (Comment this)

Escrito por: Manu at 2006/05/24 - 16:22:42
Escribir comentario