Martes 16 de May de 2006

Bo día...

De tanto escoitalo xa me volvín inmune: O día de Internet. O caso é que o agotamento non pode pesar máis cas verdadeiras reivindicacións. Hoxe dicía Elena Veiguela que Galicia "debe ser productora e non só consumidora" para que poda entrar na Sociedade da Información. Iso decía ela na víspera do Día de Internet.

Eu prefiro non opinar. Pero nun día como hoxe (no que parece que tódolos políticos están ca orella posta na Rede) hai que dicir as cousas clariñas. E as miñas 'cousas clariñas' son, entre outras.

Queremos:

  • Unha Internet más barata
  • Unha rede más rápida
  • Un acceso más plural (para os que non poden ver, nin oir, nin ver) e universal (Que pasa coas zonas sen cablear..?)
  • Que se esquenzan as palabras sen sentido e incomprensibles (co único fin eleitoral)
  • Que haxa unha verdadeira alfabetización dixital con programas feitos con xente que sabe o que fan e non con oportunistas
  • Que a rede teña por lema o coñecemento e non o consumo
  • Que a administración empregue os cartos que gasta en licencias noutros fins máis útiles
Seguro que se me esquencen moitos, pero se todos pedimos igual e non nos conformamos con aplaudir estaremos indo polo bo camiño...



Posted by eva at 23:31:22 | Permanent Link | Comments (2) |
Comentarios
1 - iso é porque non te pasaches por rivas para aprender cousas interesantes :D cando menos teríamos 4 persoas juas juas (Comment this)

Escrito por: eu at 2006/05/17 - 18:43:16
2 - Completamente dacordo.

Unha aperta. (Comment this)

Escrito por: Enrique Castro at 2006/06/07 - 11:31:38
Escribir comentario