Domingo 07 de May de 2006

Arteixo e a alfabetización dixital

Onte estiven por Arteixo e tiven a oportunidade de coñecer a unhas persoas do Concello (Suso e Quico) que traballan moi de preto en temas de alfabetización dixital. Concretamente Quico é a persoa que leva a 'Aula de Informática' (uns quince postos con acceso a Internet) e comentoume que acostuman a dar clases de alfabetización dixital a maiores. Dicíame -case textualmente- que lle parecía moito máis productivo ensinarlle ós maiores que ós máis novos, pois sonche moito máis agradecidos.

No remate da conversa apuntaba que en dúas semanas van a a iniciar un curso de alfabetización dixital con marroquíes, pois Arteixo conta cunha amplísima comunidade de xente vida dende Marrocos (uns catrocentos).

Falando con eles, e que o dicían con tanta humildade, pensaba para min que estas accións noutros lugares serían moito máis coñecidos. En Galicia, penso eu, aínda non estamos moi habituados a facer 'postas en común' de ideas e coñecementos de xente que traballa na mesma liña.

Eu estarei atenta a este novo curso que os compañeiros de Arteixo van a facer en dúas semanas. Se a alguén máis lle interesa, poden atopalos no Concello (departamento de Informática).

Posted by eva at 19:01:36 | Permanent Link | Comments (1) |
Comentarios
1 - Un rapaz de orixe marroquina que vivía en Arteixo gañou ou case gañou un certame de contacontos que fixeron en Carballo. Coincido contigo. (Comment this)

Escrito por: Calidonia at 2006/05/07 - 21:20:37
Escribir comentario