Jueves 20 de Avril de 2006

Un encontro en Santiago

Foi, sen dúbida, un pracer estar onte en Santiago no encontro que a Sección de Comunicación do Consello da Cultura Galega organizou para reunir a blogueiros galegos, portugueses o os que están interesados nesta nova comunidade na rede.

Supoño que como a tódolos presentes (e grazas a detallada información de Fernando Garrido) e a outros compañeiros deime conta de que os que temos un caderno en galego somos máis dos que pensaba. É toda unha ledicia este descubremento.

Tal vez, tal e como apuntaba Silvia Canabal (do Grupo de Novos Medios da USC), sexa unha oportunidade para que a nosa lingua se extenda no ciberespazo.

Aparte de poñer puntos de vista en común e de aprender dos compañeiros blogueiros tamén foi productivo estar de novo preto do querido Portugal (encarecidamente, merece a pena Manuel Pinto, da Universidade do Minho).

Sen embargo, funme do encontro cun desexo: Espero que desta vez Galicia sepa compartir o bo que poda ter (non só con Portugal) pois si hai algo que nos castiga e mirarnos continuamente o ombligo. Como di o meu benquerido Iván: 'Como o noso non hai' pero hai outros diferentes (tan bos coma nós).

 

Posted by eva at 19:06:09 | Permanent Link | Comments (0) |
Comentarios
Escribir comentario