Un blog político con comentarios
Ante esta moda dos blogs políticos parecía que todos se iban a apuntar o tanto facendo un diario na rede pero, eso sí, coa modalidade de 'bloc' e non de 'blog'; é dicir: diarios sen permitir a opción de comentarios. Pois non. Resulta que o alcalde de Lugo, José L. Orozco, acaba de sacar un blog en toda a regra: Tódolos lectores poden facer comentarios.
Ademáis de información bibliográfica, artigos propios e información do seu Concello o alcalde está publicando neste blog información con moita frecuencia, hoxe mesmo -sábado- aparece a súa última anotación.
Outro dos aspectos máis interesantes deste blog é, no meu parecer, que o alcalde non fai unha mera descripción das súas tarefas diarias coma alcalde, como en certo modo viña facendo Anxo Quintana no seu Diario de campaña nas eleccións autonómicas. Directamente expón reflexións propias que poden ou non estar vencelladas a algún acto ou anécdota propia na súa axenda de alcalde. E todas estás reflexións están sometidas ao debate dos lectores para que opine e falen delas.
Todas as anotacións teñen comentarios (moitos deles moi duros) pero non hai cousa que, sendo verdade, non se poda calar con razóns. Por explemo, o post de 'Botellón' foi un dos máis debatidos e comentados entre os seus lectores.
Non podo rematar esta anotación de hoxe sen expoñer que tamén me resulta interesante o uso que indistintamente o alcalde fai do galego e do castelán. Iso denota unha maior naturalidade no uso da nosa lingua.
Oxalá este exemplo de político con blog e comentarios sexa seguido por outros representantes. Seguiremos observando pegadiños a rede....


Encara que comparteixo la teva idea que un blog polític (o blog d'un polític) en sí mateix és una eina que es pot fer servir en fi de bé, hi ha coses que em preocupen com es resolen. En aquest cas, per exemple:
+ per què un domini propi i no pas una adreça "dins" de l'ajuntament de Lugo? Això vol dir molt més del que ens pensem. No és una qüestió de detall
+ és el blog d'una persona o és el blog de l'alcalde? Si és més aviat el d'un alcalde, crec que resultaria útil explicar què és això d'un blog, per què un blog per a un alcalde i què pretén aquest alcalde amb un blog. Si, en canvi, és el blog d'una persona (que resulta que és l'alcalde de Lugo), doncs potser plantejar-se no hostatjar-lo al mateix lloc que l'ajuntament...
Són detalls, potser, però crec que molt importants per a fer les coses ben fetes. Per tant, enhorabona a aquesta persona per creure que un blog li pot ser útil per a ..... Però també, recordar-li que un blog va molt bé per a fer pedagogia de les noves tecnologies (per tant, d'aquí la necessitat d'explicar ben bé què pretén amb el blog) i que no ha d'estar exempt de procediments administratius "correctes" (d'aquí la necessitat de resoldre la vinculació del blog amb la institució que representa).
(Uf, massa llarg, no?) (Comment this)
Non é moi longo o teu comentario e moitas gracias pola túa puntualización.
Verdadeiramente é un tema intersante o que plantexas e en canto teña ocasión voullo a preguntar. Seguro que non é máis que un tema técnico (digo eu) pero non se deron conta das implicacións que, coma ti dís, van moito más alá.
Graciñas!!! (Comment this)
Moitas gracias polo teu comentario. Coincido contigo, a diferección de IP é importante pero coma ti dis o verdadeiro reto é que un político escoite as opinións dos seus cidadáns, e ademáis que convide a iso...
Gracias pola vosa colaboración (Comment this)
O alcalde de Cornellá polo menos tivo a decencia de facer o seu blog nunha páxina web que che permite facer blogs gratuitamente (blogspot.com). (Comment this)
O que quero decir é que o seu blog é unha copia calcada do seu enlace como Alcalde na páxina web do Concello.
Ou sexa que se algún lucense lle quere decir algo ó alcalde xa tiña forma de facelo na páxina web oficial do Concello. Isto é lóxico e considero que é un servizo público e que está ben feito.
O que non é un servizo público é facer unha páxina personal na que o mesmo alcalde di que quere expresar cousas que non sexan do se traballo como alcalde pero se te fixas o deseño da páxina www.joselopezorozco.com é mesmo deseño que ten o seu enlace na páxina web do concello (só se troca a cor azul por verde) http://www.concellodelugo.org/concello/alcaldia.asp, saen os seus bandos como alcalde e ten un link con as conversacions dixitais que ten como alcalde.
Non parece que queira marcar unha diferencia entre a sua faceta como alcalde e sua faceta persoal.
O enderezo non importa nin o uso, pero si tes unha páxina web (www.joselopezorozco.com) tes que pagar un servidor de Internet, cosa que non ocorre cando fas o teu blog como o Alcalde de Cornellá.
Por certo, ainda que isto non teña moito que ver, eu fun alumna do alcalde e douche a razón cando ti dis que é un home que permite que os cidadáns ou os alumnos lle digan as cousas.
Pero tamén che digo na miña expericiencia como alumna que o final sempre vai facer o que el quere ainda que non teña razón e a razón sexa do alumno.,
Pra rematar a miña noraboa polo teu blog.
. . (Comment this)
GRAZAS María! (Comment this)
Atopei o teu blog de casualidade e me gostaría facer un comentario sobre os blogs de políticos e en concreto o blog do alcalde de Lugo.
Todolos blogs de alcaldes que atopei (Avilés, Cornellá, Portugalete) están metidos en páxinas web gratuitas agas o do alcalde de Lugo que ten o seu propio dominio (www.joselopezorozco.com).Non me parece ben isto, porque podendo facelo gratuitamente non ten porque pagar un dominio de seu.
En canto o que ti dis do marketing político no caso do alcalde de Lugo non ten moi diferenciada a sua faceta personal da sua faceta política. E mais, pouco a pouco e dun xeito moi intelixente (hai que recoñecelo) usa o que debia ser unha cousa persoal para acadar obxetivos políticos.
e as veces ten unha certa autocomplacencia consigo mesmo.
Como exemplo podes entrar no seu blog e ver que onte 9 de xullo, celebra os 6 meses de vida do blog. O problema é que o seu blog arrincou un 28 de febreiro co seu primeriro comentario "La perspectiva" como se pode ver no arquivo do blog ou ben indo a hemeroteca.
Polo tanto os 6 meses cumplense o 28 de agosto, ou sexa 1 mes e 19 dias despois do que el di.
Pra rematar co "marketing político" e como dixo María ben está que un político che escoite pero se vai a facer sempre o que lle pete ainda que non teña razón, parece coma se estivese rindo dun.
Un saúdo (Comment this)
Eva (Comment this)