Miércoles 22 de Marzo de 2006

A rede para acadar simpatizantes

Fai pouco estiven falando cunha persoa vencellada ao novo colectivo con revindicacións políticas que está xurdindo en Cataluña, é Ciutadans de Catalunya, para ver de qué forma están aproveitando Internet para establecerse na sociedade é darse a coñecer. Desta forma teño que empezar a dicir que despois de enviar un e-mail xenérico de petición de información o webmaster da páxina contactou conmigo en menos de 48 horas (coa fin de semana por medio) e tivemos a ocasión de falar de vagariño.

Entre as reflexións que ambos compartimos destaco as seguintes:

  • Sen Internet, este colectivo non chegaría o número de afiliados e simpatizantes aos que está acadando. Hoxe en día –en palabras deste especialista- quen se queira facer oir na sociedade se non utiliza Internet non ten moito máis que facer. A Rede é, para este grupo, a principal canle para conseguir afiliados.

  • Internet permite que os simpatizantes procedan de diferentes puntos. Ademáis de cidadáns cataláns tamén –a través de Internet- abundan, por certo, varios de A Coruña, Madrid, entre outros puntos do territorio español.

  • Internet permite a libre expresión para un colectivo que pode non atopar facilidades nos tradicionais medios de comunicación. Efectivamente, a ‘Axenda Setting’ fai que os grupos politicos xa establecidos controlen as axendas dos periodistas e un colectivo con novas reivindicacións pode non atopar un espacio neste texido mediático.

En canto as cuestións internas, este webmaster tivo a amabilidade de contarme que:

  • Só unha persoa se dedica a xestionar os temas relacionados coa web deste partido que, co crecemento que está tendo (en canto a afiliados) de contado se verán obrigados a destinar novos recursos.

  • Tódolos correos electrónicos se contestan (segundo afirmou). Van dirixidos a una web xenérica de información e, a partir de ahí, canalizanse a persoa indicada.

  • A maioría dos correos electrónicos son –segundo as mesmas fontes- de apoio ao manifesto deste colectivo ou de solicitude de información. Moi pouco son os que se dedican únicamente a insultos ou mensaxes despectivas.

Este é un exemplo de cómo un colectivo pode aproveitar Internet para constituir e darse a coñecer nesta nova sociedade da, xa, información.

O resto da información, coma non, pódese atopar na web deste grupo: http://www.ciutadansdecatalunya.com/

 


Posted by eva at 23:21:20 | Permanent Link | Comments (0) |
Comentarios
Escribir comentario