Domingo 05 de Marzo de 2006

O triste número das alcaldesas galegas

Sempre, pero hoxe estou especialmente reivindicativa coa situación actual da muller. Non nego que gracias ás nosas predecesoras hoxe moitas puidemos estudar na universidade e incluso 'disfrutar' de pequenas píldoras de libertade que as nosas avoas non tiñan. Pero éncheme de crispación cando se achega a celebración do día da muller traballadora (o aniversario do voto feminino quedará para outra ocasión) e aos nosos representantes brótalles da boca palabras de eloxios e reinvindicacións hipócritas que intentan cegar a realidade. Sinto moito pero non me creo as políticas que se están facendo.

Fai un ano o xa desaparecido Haro Tecglen escribiu un artigo sobre o 8 de marzo co que me identifiquei plenamente: a loita non é de mulleres contra homes. E a de todos xuntos para ir movendo esta sociedade. Dicíao para defenderse dalgunhas políticas feministas que intentan despreciar todo e canto caracteriza ao sexo masculino intentado impoñer o valor das mulleres. E quizáis, en moitos casos, os verdadeiros perigos 'machistas' están en comportamentos das mesmas mulleres. Sería un largo discurso que daría para unha análise enteira, cando en realidade con estas liñas só pretendía unha pequena introducción. Por iso, vou pasar a algo que quero deixar de manifesto hoxe aquí.

 

 

Despois de facer un pequeno percorrido por diferentes páxinas webs con información dos concellos galegos, obtiven o seguinte dato:

Dos 315 municipios de Galicia UNICAMENTE 19 está presididos por mulleres. Quere dicir isto que de 315 rexidores soamente 19 son alcaldesas, o resto ( nada menos que 296) son alcaldes.

Catro delas son da provincia de A Coruña (Cabanas, Melide, Muros e Valdoviño), dúas de Lugo (Guitiriz e Sober), cinco de Pontevedra (Bueu, Cuntis, Mos, Rivadumia e Vigo) mentras que Ourense é a provincia con máis alcaldesas: A Bola, Carballeda de Valdeorras, Cartelle, Cualedro, A Porqueira, Ramirás, San Cibrao das Viñas e Sandiás.

Una pequena lista que non fai máis que amosar unha triste realidade que nestos días se encherá de corseles... Todo o discurso debería ser máis natural. A solución está en homes e mulleres que vaian na misma liña. Algo que aínda está por ver.


Posted by eva at 17:20:36 | Permanent Link | Comments (0) |
Comentarios
Escribir comentario