Cando algúns políticos falan da Ciberdemocracia...
Fai un tempo descubrín un artigo da senadora australina Kate Lundy no que falaba da “Ciberdemocracia” e que recomendo a súa lectura.
Entre outras ideas, Lundy esboza a idea de que as tecnoloxías da información (como ferramentas concretas fala do voto electrónico aplicado ao parlamento ou o correo electrónico) axilizaría a burocracia que actualmente caracteriza a maoría das administracións públicas. Igualmente apunta que inevitablemente estos novos medios (coas novas xeracións) actualizarán as formas de traballar dos parlamentos.
“As lexislaturas son máis eficaces e productivas despois da introducción dos dispositivos electónicos”, di a senadora e, por tanto, é inevitable que os parlamentos se vai actualizando en nivéis tecnolóxicos.
Pero esta senadora tamén fala da participación cidadá: Internet permite a participación de masas no proceso democrático e a Ciberdemocracia é unha realidade (referíndose ao caso de EEUU). Outra das ideas que apunta é que “antes de calquera cambio real neste área, os gobernos teñen que reparar inxustizas de acceso a Internet” para que non haxa cidadáns de primeria e de segunda, en función do súa particiación na rede. O máis interesante é que unha política sexa tan claramente crítica cos seus colegas e co mesmo sistema de funcionamento do parlamento (neste caso australiano). Non me imaxino no noso país falando con tanta precisión da falla de transparencia informativa, de ineficacia na administración pública e da necesidade de tomar conciencia destes novos medios.
