Brión e a súa praza pública
Hai proxectos en Galicia que aínda están por descubrir. Tal é o caso de Infobrion.com. Unha iniciativa froito da cooperación de investigadores, técnicos e profesionais da nosa universidade de Santiago de Compotela, do Concello de Brión e de varios centros educativos da locadlide.
Infobrion.com ten, entre os seus obxectivos, acadar que “O Concello de Brión sexa un espazo con visibilidade na Internet e que tódolos seus veciños poidan acceder ó emprego das Novas Tecnoloxías da Información e da Comunicación”. Tal iniciativa no cabe en cabeza nengunha que non sexa merecedora nin dunha soa cita na páxina web do municipio de Brión. Despois de navegar polas dúas páxinas web unha ten que decir: ¡Obviamente a iniciativa primeira é o resultado dun grupo de cidadáns interesados!
Esta claro que as iniciativas cidadáns, neste mundo da democracia dixital, están tendo moita máis forza que calquera outra (básicamente das que proveñen dos políticos). Infobrión.com é unha mostra máis de que os gobernos van lamentablemente varios pasos por detrás das demandas da sociedade.

artigo: http://www.ub.es/geocrit/sn/sn-170-72.htm (Comment this)
É agradable ver neste tipo de foros e blogs comentarios positivos acerca destas iniciativas. Aínda que xa case cun ano de retraso con respecto á última participación, dicir que esta iniciativa pioneira na difusión das TIC no rural, estase a implantar en 33 concellos na provincia de Salamanda a través da Funcación Germán Sánchez Ruipérez, entidade que asinou un convenio coa USC. Existen diversos artigos publicados acerca dos seus resultados, experiencias, etc. Formo parte do equipo de investigación que impulsou este proxecto, se estades interesados en recibir máis información, non dudidedes en poñervos en contacto connosco en info@infobrion.com.
Unha aperta. (Comment this)