Domingo 12 de Febrero de 2006

Tui e Valença: unha comparación das webs municipais

A suxestión de Iván Rodríguez, e coa súa colaboración, fixemos unha discreta análise entre as páxinas web oficiais de dúas localidades: unha galega e outra do próximo Portugal. Por cuestións de semellanzas de poboación e industriais (ambas turísticas, próximas xeográficamente, entre outras variables) eleximos a pontevedresa de Tui (16.680 habitantes) e a lusa de Valença (14.187 habitantes).

A análise plantexada partía das seguintes cuestións:

1. ¿A páxina web é sinxela de atopar?

2. ¿A páxina web é fácilmente navegable?

3. ¿É accesible?

4. ¿Ten información turística (dirixida á visitantes)?

5. ¿Ten información municipal (dirixida á cidadanía da localidade)?

6. ¿Está actualizada?

7. ¿Permite alguna forma de participación da cidadanía?

Algúns dos resultados son os seguintes:

1. Para saber si as respectivas páxinas web son doadas de atopar, fíxose unha primeira búsqueda a través de google. Tanto no caso de Tui como no de Valença o resultado foi óptimo no primeiro intento.


2. Ao abrir á páxina web de Tui o resultado foi unha presentación 'flash' e a continuación nunha xanela coa mensaxe de "En construcción". A esquerda aparece un menú con ligazóns a 'Turismo', 'Visítenos' e 'Varios'. Cabe mencionar que a páxina só se pode consultar en castelán (o 'botón' da versión en galego e inglés non funcionan).

No caso de Valença a páxina web tamén se abre cunha presentación e a continuación aparece unha xanela con varias mensaxes, cabe suliñar que os textos (que se moven de forma parpadeante e de dereita a esquerda) así coma algunha das imaxes dificultan a lectura. A esquerda aparece un menú con ligazón a 'Administraçao municipal', 'Freguesias', 'Valença em noticia', 'Actividade Económica', 'Museus', 'Turismo', 'Desporto e Lazer' e 'Links'.


3. En canto a accesibilidade das respectivas páxinas, cabe dicir que nin a web de Tui nin a de Valença teñen versións adaptadas para persoas discapacitadas.


4. No que se refire a información para o cidadán / a cidadá alleo/a á localidade, o sitio web de Tui ofrece información tanto de lugares de interese para visitar como outra información relativa a restaurantes, alugamento ('en construcción'), etc. O mesmo acontece coa páxina de Valença, onde tamén se tope atopar información sobre alugamentos, restaurantes, rutas turísticas, etc.


5. Da información que o Concello de Tui ofrece ós seus cidadáns a través da páxina web pódese mencionar a seguinte: 'Tui hoy' (en construcción), 'Agenda' (con información relativa ó ano 2005), 'Cultura' (con información relativa ós horarios e datos de contacto do Museo Diocesano, Museo Catedralicio e o Centro de Interpretación da Natureza), 'Organigrama do Concello' (non funciona a ligazón), 'Noticias' (sen información), 'Callejero', 'Cámara de TVG', 'El Tiempo' e 'Loterías' (con ligazóns a outros sitios web).

En canto a información que a Câmara Municipal de Valença ofrece os seus veciños a través da web suliñamos a seguinte: 'Administraçao municipal' (onde o cidadán pode atopar información dos membros da corporación municipal, así como reglamentos, requerementos -non funciona o enlace- e contactos das diferentes institucións municipais). Asemade, pódese atopar información (turística, adminsitrativa, xeográfica...) das distintas freguesias que compoñen o municipio, noticias, e outra información coma enderezos deportivos ou de polígonos industriais. Hai que ter en conta que a páxina web de Valença abre (na primeira xanela de información) con datos relativos ó orzamento de Valença para o 2006 e con información da recalificación do municipio.


6. ¿Está a información actualizada? Na web de Tui non parece que haxa actualización máis alá da creación da mencionada páxina, mentres que no caso de Valença a última actualización data do 26 de xaneiro.


7. Sobre as posibilidades de participación cidadá da páxina web, pódese dicir que nin o sitio de Tui nin o de Valença ofrecen posibilidades de interacción cos veciños (foros, chats, etc.) Pero, a diferencia de Tui, na web de Valença sí aparece publicado un amplo directorio de enderezos electrónicos, postais e contactos telefónico. No caso de Tui nin sequera aparece un contacto co administrador da web.


Non é xusto con este rápido estudo facer unha conclusión consistente pero sí se pode apuntar, despois desta visita as dúas webs municipais, que a páxina de Valença está dirixida máis o cidadán da localidade que ó turista, ó contrario que a páxina de Tui.


Esta é unha idea. Sería interesante ver se esta hipótese é extrapolable a maioría das webs municipais galegas e portuguesas.

Posted by eva at 13:23:52 | Permanent Link | Comments (0) |
Comentarios