Miércoles 08 de Febrero de 2006

¿Participación cidadán no Congreso?

O Congreso de Deputados ven de adxudicar a Indra e a Telefónica a parte máis voluminosa do seu "Plan de Modernización". O tema vai ter un coste duns 13,946 millóns de euros.

Logotipo del Congreso grande Segundo informou Europa Press, con este plan preténdese situar á Cámara Baixa nos dous próximo anos nun nivel alto de excelencia dentro do sector público e da administración electrónica española. Pero para facer isto o Congreso pretende investir ata 17 millóns de euros daquí ó 2007.

Ademáis, segundo as mesmas fontes, pretende que os cidadáns accedan ó Parlamento e se impliquen na actividade parlamentaria. Es isto tradúcese en que "particulares e organizacións privadas poderán utilizar servicios interactivos e participar nalgúns procedementos parlamentarios". Incluso poderán enviar as súas propostas e peticións, intervir en foros políticos e comunicarse cos parlamentarios de forma rápida e eficaz.

Sinto dicir esto, pero moito me temo que estas palabras non deixa de ser un discurso político, e que, o peor de todo, é que aínda que se intente non vai ser posible por unha razón que xa ven denunciando José Luis Dader dende fai bastante tempo: Os parlamentarios non responden ós correos electrónicos dos cidadáns ¿por desinterés? ¿por falla de tempo? ¿por descoñecemento?

Aí queda a dúbida. Se daquí a un tempo calquera cidadán pode intervir na vida parlamentaria, pode escribirlle un correo electrónico a un parlamentario e -o qué resulta moito máis increíble- que este representante político lle responda, entón retificaréi todo canto aquí queda dito.

Posted by eva at 20:43:34 | Permanent Link | Comments (0) |
Comentarios
Escribir comentario