Domingo 05 de Febrero de 2006

Un estudio indica que as páxinas web dos municipios galegos non contemplan ferramentas para permitir a participación dos cidadáns

Acabo de descubrir un interesantísimo estudio que RedeGalega.org ten publicado no seu sitio web. Nel, faise unha analise da presencia das páxinas web dos concellos galegos. Xornal.com publica unha a noticia que dí: O I Informe Técnico sobre a presenza dos concellos galegos en Internet, realizada por RedeGalega, tira como unha das súas conclusións que a "práctica totalidade dos webs municipais galegos, incumpren algunha lei". Tras rastrear as súas 378 páxinas para saber qué se di sobre a participación ciudadán o resultado é o, lamentablemente, esperado: prácticamente inexistente.

 

Neste estudo a organización explica que por participación cidadán entende:

“Neste punto estudamos se o concello fornece algún sistema (típicamente algún foro ou taboleiro de mensaxes) que permita o contacto horizontal, o debate democrático cos cidadáns, a realización de suxestións, a resposta pública dos responsables municipais, etc. (a participación política, en definitiva). Entendemos aquí que un simple formulario de envío de suxestións ou de preguntas que non fiquen reflectidas nin contestadas públicamente é insuficiente neste sentido, así como a mayoría dos libros de visitas.

Según estos datos, a modo de exemplo, de toda a provincia de A Coruña só o Concello de Ames, Ferrol, Rois e Santiago cumplen con este parámetro de participación cidadán. Una cantidade moi simbólica ó lado de todo o conxunto.

Como apreciación personal, teño que engadir que a pesar de que a páxina web de Sada, segundo o estudio referido, non contempla ningunha ferramenta de participación cidadán a través da red, este municipo coruñés está adherido a un proxecto de participación cidadán onde o alcalde, os voceiros dos grupos municipais con representación no pleno, as asociacións interesadas e os mesmo veciños danse cita nun espacio virtual para debatir sobre cuestións relacionadas co seu Concello. E na mesa página web de Sada aparece un vínculo para acceder a este foro de participación cidadán.


 

 

 

Posted by eva at 17:45:30 | Permanent Link | Comments (0) |
Comentarios
Escribir comentario