17 de maio: Día das Letras Galegas e Día de Internet
Despois da primeira edición o ano pasado do “Día de Internet” este ano repítese o acto. E por si fose pouco coincide co día das nosas letras (Día das Letras Galegas, adicado este ano a Manuel Lugrís). Podemos pensar que se nalgún momento tivemos oportunidade de facer ruído rivindicando a nosa cultura ese día pois agora está máis eclipsado por outra festividade. Esa pode ser unha idea (moi pouco intelixente, na miña opinión). Outra sería que os nosos gobernantes aproveitasen a oportunidade e a potencialidade da rede para impulsar as nosas letras a través de Internet. Como ben di Luis Arroyo: Trátase de facer o mesmo pero vestidos de Internet.
Precisamente nunha reunión mantida cos promotores da idea (Asociación de Usuarios de Internet) e os diferentes colaboradores (unha bágoa que non había ningún representante galego, a diferencia do ano pasado) Miguel Pérez, Jesús Valbuena e as demáis personas que potencian este evento, comentaron como novidades para este 2006 que un dos obxectivos será involucrar ós países de Latinoamérica. Así, en representación atopábase na reunión unha voceira da Casa de América.
Calquera pode poñer en marcha (en conxunto, sempre será máis fructífero) calquera idea que lle xurda, co apoio de todo o equipo de profesionáis do Día de Internet.
Desexo, espero e quero pensar que Galicia saberá sacarlle partido a tal día para potenciar e fomentar o coñecemento das súas letras polo mundo enteiro, porque si o 17 de maio é o Día de Internet para nós tamén é o Día das Letras Galegas.

A aguardar...
Abraços,
CT (Comment this)
Merece a pena facer un recorrido por el.
Obrigado :) (Comment this)