Miércoles 25 de Enero de 2006

Unha reflexión na UE

Susana del Río pasoume esta mañá o programa dun seminario que Barakaldo vai a acoller o próximo 6 de febreiro para reflexionar sobre a sociedade civil é a Unión Europea. O tema pareceume interesante: Estarán catedráticos, políticos de referencia no ámbito da UE ... pero sobre todo porque dende que me facilitou a información non paro de pensar: Se ós cidadáns nos costa participar no ámbito local -porque non hai suficiente interés ou non hai ás canles suficientes- ¿Cómo será posible canalizar a participación cidadán na UE?


Obviamente, se falo da participación cidadán no ámbito local non podo deixar de mencionar (aínda que só sexa mencionar) o proxecto (que xa é máis que unha realidade) que me ocupa día a día a miña cabeza: www.proyectociudadanos.net (antes coñecido coma cidadáns2005.net). Pero se continuo pensando no mesmo, non podo deixar de mencionar tamén o proxecto "Europa2005.net" que tivo precisamente por obxectivo fomentar o debate entre os representantes políticos e os cidadáns no referendum da Constitución Europea. E por cercanía a Galicia, tampoco podo deixar de falar de "Galicia2005.net" que pretendía que os electores galegos interactuasen cos candidatos galegos ás eleccións autonómicas o pasado ano.

Todos eles proxectos realmente apasionantes que xurdiron do tempo de moitas persoas e da incansable mente de Jaime Estévez.

E agora continuo preguntándome ¿Cómo se consigue fomentar a cercanía da ciudadanía na UE?

Pois digo eu: con moito moito esforzo ¿Verdade?

Posted by eva at 22:31:08 | Permanent Link | Comments (0) |
Comentarios
Escribir comentario