22 de Enero de 2006

Xente na rede

Carlos Guadián empezou a escribir sobre o primeiro día do Taller Web 1.0 que os pasados días xoves 19 e venres 20 tivo lugar en Vitoria. A experiencia mereceu a pena, así que unha vez máis o esforzo de Mentxu Ramilo deron os seus bos froitos. O mellor, aparte de facer un decálogo colaborativo de consellos para as páxinas webs das administracións públicas, foi a posibilidade de ver os compañeiros que de cando en cando ímonos xuntando neste obxectivo común de conseguir una sociedade en rede máis asequible e universal. Pero tampoco podo obviar o oportunidade que tiven de coñecer a xente realmente interesante, entre moitos outros, impresionoume José Luis Pardos, a quen moitos galegos lembrarán pola "Guerra do Fletán" en Canadá.


José Luis Pardos era embaixador de España en Canadá cando tivo lugar o Guerra do Fletán. Naquel momento as autoridades canadienses apresaron o barco vigués "Estai" e abreuse unha guerra diplomática entre España e este país. Gracias o encontro en Vitoria con José Luis Pardos,tiven a oportunidade de coñecer máis detalles daquel conflicto que tivo lugar no ano 1995.

Este embaixador foi o primeiro que creou unha páxina web "oficial" para dar a coñecer unha versión dos feitos diferente á que emitían os medios de comunicación, lóxicamente parciáis naquel pais, ante a amenza canadiense de bombardear ós barcos que estaban pescando en augas internacionais fletán. A páxina, que aínda se conserva, é http://www.sispain.org/spanish/ . Recomendo visitala, sobre todo a tódolos galegos que vivimos aquel espisodio con máis ou menos cercanía.

Pero José Luis Pardos, persoa que non deixa indiferente a ninguén, explicou tamén que consigueu poñerlle unha conta de correo electrónico o Rey de España, así como instalar videocomunicados en algunhas das tres embaixadas onde estivo e, como non, ir abrindo camiño nas institucións públicas nesta autopista das tecnoloxías da comunicación.

Con razón, é o embaixador das novas tecnoloxías.

Posted by eva at 18:21:13 | Permanent Link | Comments (0) |
Comentarios