Alfabetizar ós políticos
Fernando Garrido tivo a amabilidade de pasarme o programa dunhas interesantes xornadas de alfabetización dixital que se van a celebrar en Madrid nos próximos días de febreiro e no que vai participar, entre outros, Antonio Gutiérrez Martín, a quen cito no tíduo do meu blog. É, segundo penso, a primeira vez que se celebran unhas xornadas deste contido en todo o territorio español. En relación co tema, pareceme digno de analise que en esto da "alfabetización" sexan os políticos quenes se atrevan a falar dela como si se tratase dun ben para os cidadáns e coma se eles estivesen nun estado superior de alfabetización.
Pois ben, a realidade di que os representantes políticos (principalmente de adminstracións locais) teñen moito que alfabetizarse dixitalmente...
Estou comprobando que moitos políticos estanse sumando a esto das novas tecnoloxías ou da horrible palabra "Sociedade da Información" para non quedar desfasado. Moitos deles incluso se apuntan a iniciativas de participación cidadán a través de Internet sen ter nin idea da rede.
Que conste que non trato de culpar aos políticos. Realmente, é unha bagoa que teñan interese na participación cidadán e nas novas tecnoloxías pero por prexuicios non se atrevan a dicir que non saben coller un rato.
Pero sí creo que outras das claves para que a democracia participativa a través de Internet funcione ten que contar coa implicación dos representantes, e non só se entende por iso que acepten a participación dos veciños coma un dereito democrático, senón que participen eles tamén coma representantes... e dende logo, se non están alfabetizados dixitalmente a Ciberdemocracia é un imposible.
Por iso considero que cando os máximos poderes públicos falan de alfabetización dixital (e pensan en colectivos marxinados) deben agudizar o seu discurso, pois non é preciso chegar aos desempregados, os inmigrantes ou a outros colectivos para ver que o analfabetismo dixital está moito moito más preto das súas escalas.
