Miércoles 11 de Enero de 2006

¿Democracia?

"Esta profunda y casi increíble obstinación de los partidos políticos en seguir adelante con un proyecto que no le interesa a nadie, y que incluso empieza a asquear a todo el mundo, puede explicar, en sí misma, muchas cosas. Por mi parte, cuando me hablan de nuestros <valores democráticos>, me cuesta sentir la emoción requerida; mi primera reacción es, más bien, echarme a reír a carcajadas. Si hay algo de lo que estoy seguro, cuando me piden que elija entre Chirac y Jospin y se niegan a consultarme sobre la moneda única, es que no vivimos en democracia". Trátase dun párrafo extraído do libro de Michel Houellebecq El mundo como supermercado pero tamén é unha idea moi pensada no ámbito das novas tecnoloxías aplicadas á política...

 

En certo modo, os que dunha forma ou doutra dedicamos o noso tempo a observar e analizar o proceso de adaptación entre as novas tecnoloxías e a política pensamos que precisamente Internet e as outras ferramentas tecnolóxicas son un bálsamo irreal ao que nos agarramos para pensar que os cidadáns si son importantes para os representantes á hora de tomar decisións de interés xeral.

A realidade é que o noso sistema político otorga na teoría o poder a "soberanía popular" pero na práctica os elexidos "representantes" teñen o poder sobre moitas máis cousas das que en principio os cidadáns quixeran.

As consultas populares levadas a cabo (a través das novas tecnoloxías) ata o momento foron bastante insignificantes para o interés popular (por exemplo, Madrid Participa) e iso quere dicir que se non hai materia de interés para os cidadáns pois non hai participación.

¿Qué administración será primeira valiente en usar as novas tecnoloxías para deliberar e decidir en que se envisten os orzamentos dunha comunidade?

Seguiremos esperando....

Posted by eva at 20:11:58 | Permanent Link | Comments (0) |
Comentarios
Escribir comentario