Sábado 31 de Diciembre de 2005

Para que nos entendamos...

Nesta realidade tecnolóxica é moi frecuente oir termos noutra lingua foránea (básicamente inglés) que en moitas ocasións nen sequera os que as mencionan saben con exactitude a qué se refiren, pero parece que se un dí a palabra en inglés sabe máis do tema. É unha moda, aínda que  haxa una palabra para dicilo en castelán ou en galego. Non se trata de facer unha defensa encorsetada dos termos na nosa lingua, pero sí de loitar contra a fenda tecnolóxica e conseguir que todos (os que estamos conectados e os que non o están pero que queren estalo) nos entendamos. Canto máis clariño falemos, mellor nos entenderemos.

 

No campo da democracia participativa é moi común oir falar sobre todo cara a cidadanía en xeral (que é o que menos entendo) de "Administración electrónica",  "DNI electrónico", "rexistro telemático" e un sinfín de termos máis que se usan para intentar denominar diferentes aplicacións das tecnoloxías da información e da comunicación ó ámbito político.

Neste sentido, os políticos e "expertos" falan con toda esta palabrería (e os medios de comunicación non se molestan en explicalos) de forma que a mensaxe que lle chega ós cidadáns e un xerogrífico de termos "ciber-algo" que o único que lles produce é encender a orde de "esto non vai para min".

Digo que estas mensaxes son moi comúns. Por exemplo: Vigo e Lugo, Cidades Dixitais. Pero exactamente, ¿Qué quere dicir? Intento buscar a resposta nun diario galego (aleatoriamente) e a resposta que atopo é aínda máis confusa: cifras, Administración electrónica, programa de Internet...

É dicir: claro que o significante é importante, pero máis importante é non perderse buscando continentes porque o básico non está feito. Hai que ser coherente: se decimos que se procura a Administración electrónica ¿Por qué non a continuación se explica qué é iso? ¿Ou pensamos que a poboación galega é maioritariamente coñecedora destas modernidades?

Posted by eva at 00:42:20 | Permanent Link | Comments (0) |
Comentarios
Escribir comentario