Martes 27 de Diciembre de 2005

Wikicracia

O Wiki é o futuro. Non me para de dicir a miña colega Mentxu Ramilo. Así que lle fixen caso e aventurámonos nunha nova idea: crear unha wikicracia na que se poda dar contar da investigación que estamos a facer nos nosos momentos de ocio. Algo así como o que acaba de facer Ciberpunk cos blogs dos parlamentarios, no que ao ánimo de lucro de refire. A nosa única intención é poñer a nosa areíña nesta sociedade.

Pero coma sempre, empezo polo principio. Segundo se recolle na Wikipedia, a Wiki é  unha aplicación de informática colaborativa nun servidor que permite que os documentos publicados nela sexan escritos por varias personas, sen pasar por ningunha revisión previa.   É dicir, que en lugar de ir escribindo e-mails ímonos informando a través desta Wiki dos nosos avances. É realmente fantástico, a miña esperanza é que esta ferramenta de traballo non quede relegada aos catro de sempre.

Polo que se refiere ao contido da Wikicracia fago referencia con bágoa ao caso galego. Sei (porque recibín un correo electrónico dun parlamentario galego) que teñen enderezo electrónico do Parlamento pero aínda teño a dúbida de que estén interesados de que sexa público (obviamente non queren que sexa público, do contrario xa o terían publicado).

Mentras que dos parlamentarios andaluces, aragoneses, vascos, cataláns, extremeños...imos sumando anécdotas, dos galegos atopamos a "falla de resposta". Aínda que confeso que non perdo a esperanza.

Lémbro con agarimo a resposta dunha parlamentaria de Aragón que bromea con nós e dicíanos qué cómo íamos cas respostas "Supongo que no muchas", engadía cun giño. O certo que é moitas veces é mellor a calidade que a cantidade e podo asegurar que os parlamentarios que ata o momento nos están respondendo están dándonos unha información moi valiosa que pensamos facer completamente pública cando atopemos un pouquiño máis de tempo libre.

Posted by eva at 21:54:07 | Permanent Link | Comments (0) |
Comentarios
Escribir comentario