A Xunta e a súa nova web
A Xunta de Galicia acaba de estrear a súa páxina web. Sen dúbida aparenta unha maior sencillez e moita máis información na portada, e é obvio que as novas tecnoloxías tamén están chegando a Galicia (como exemplo, tamén incorpora un vínculo a "Administración Electrónica") agora a gran dúbida é saber se estos cambios repercutirán en beneficio dos cidadáns. Despois dunha navegación detida durante varios días gustaríame engadir, conste que sempre para mellorar, as seguintes consideracións...
Por deformación profesional unha das principais observacións que realicei desta web foi ver cántas direccións de correo electrónico se publicaban, é o resultado foi bastante máis positivo do que esperaba inicialmente (acostumada xa as decepcións que neste sentido nos fan ver as diferentes administracións públicas) pódese dicir que por cada sección figura coma mínimo un enderezo electrónico para consultar dúbidas, ademáis dos teléfonos e a maioría das veces das postáis. Ademáis, na Guía da Comunicación pódese atopar o enderezo electrónico de case todos as Consellerías e Secretarías Xeráis.
Esta web tamén incopora un servizo de atención específica para o cidadán onde se dá información cumprimentada para o mesmo. Recómendase a lectura da Carta de Servizos para o Cidadán publicada na mesma páxina web.
Sen embargo, cómpre facer as seguintes xugestións, comprométome a facelo tamén a través da web da que estamos a falar, pero igualmente como crítica, todo este proceso levará tempo xa que require un proceso demasiado (na miña opinión) formal que votará para atrás a máis dun cidadán.
Brevemente ¿De qué adolece está web? En primeiro lugar de linguaxe comprensible. Teño serías dudas de que tódolos galegos falantes (non só os informáticos ou técnicos especializados) comprendan as explicacións que se dan para facer os trámites a través de Internet. É unha bágoa que tan boa intención quede a medias por falta de boa comunicación (unha das mostras claras de que os inxeñeiros non poden facer o desenvolvemente social tan bem como o tecnolóxico).
En segundo lugar, penso que tamén adolece de axilidade. A pesar de que moitos dos trámites pódense facer a través da mesma Internet aínda o formato segue ser ese típico formulario administrativo que fai que cando un cidadán queira facer un trámite sinxelo (como é dar unha opinión, por exemplo) teña que dar inclusive o nome da súa pasta dentrífica para poder executalo. E que conste que estos formularios tampouco están escritos cunha linguaxe apta para tódolos públicos.
Non podo concluir este escrito de hoxe sen facer mención a una idea que están facendo realidade varias institucións públicas vascas (Parlamento, Ayuntamiento de Vitoria-Gasteiz, Juntas Generales, entre outros) e no que teño a sorte de participar ¿En qué consiste? Pois en que estes organismos queren reformar as súas páxinas web e por iso, antes de anda, queren saber qué pensan os cidadáns, qué demandan, que votan en falla agora e qué lles gustaría atopar nas mesmas páxinas. Son os cidadáns, asesorados por investigadores e expertos, os que propoñen as ideas para que estas administracións as teñan en conta. Os interesados, están convidados a participar: Taller Web 1.0
Pd. Debo engadir que onte mesmo escribir un correo electrónico pedíndo información sobre a forma de xestionar un trámite a través de Internet, da páxina da Xunta, e hoxe mesmo xa tiven resposta. Parece que o funcionamento, neste respeto, é bastante eficiente.
