Os medios de comunicación e a participación cidadán
Gracias a un proxecto de participación cidadán a través de Internet co que estou colaborando moi intensamente, mañán terei ocasión de vivir de primeira man o que lle veñen chamando “Xornada de Alfabetización Dixital”. Habitualmente sempre teño a mesma percepción: frente a unha porcentaxe de políticos interesados os cidadáns amosan proporcionalmente o triple de interese. Mentras os políticos alegan non ter tempo, os cidadán aproveitan calquera rasguño destas alternativas para facerse oir ¿Estamos ante un desencanto da política?
Sinceramente, recoñezo que a responsabilidade é unha tarefa moi delicada que os representantes políticos teñen que tomarse moi en serio para non fallar. Pero salvando uns alcaldes (sempre falo de rexidores locais de municipios non superiores os 30.000 habitantes) que se poderían mencionar con nomes e apelidos sen sobrepasar un párrafo, éncheme de empeño ver cómo a maioría deles teñen as axendas colapsadas para prestar uns intres de atención aos instrumentos que lle poden canalizar consultas dos cidadáns.
Penso que os medios de comunicación con ética (resalto ó da ética) teñen un gran camiño que recorrer neste ámbito da participación cidadán a través de Internet. Se non hai comunicación, non hai información. E se non hai información, non hai participación. É importante aproveitar as posicións para apostar forte por este dereito cidadán que parece que as tecnoloxías da comunicación e información poñen ó noso alcance instrumental. Que pase a ser real depende de moitos factores, un dos claves: os medios de comunicación.

En fin, creo que otra forma de hacer política es posible. Y tenemos que ser nosotr@s quienes analicemos lo que está pasando
http://www.interneteuskadi.org/wiki/index.php/Wikicracia
y construyamos las instituciones democracia de los próximos años, aprovechando lo positivo que han construido nuestros mayores y avanzando p''alante!!!
http://www.interneteuskadi.org/wiki/index.php/Milwiki (Comment this)