Galicia, cada vez máis lonxe dos conectados
Un dos titulares do día de hoxe foi: A fenda tecnolóxica entre Galicia e España aumenta cada ano. Fai referencia a un informe publicado por Telefónica no que se revela datos do uso de Internet nos fogares galegos, nos concellos e outros que amosan o longo recorrido que aínda queda por andar en Galicia.
Algúns datos son meramente consumistas como que “só” un 38 por cento dos fogares galegos conta cun ordenador, mentras que a media española está no 48,1% ou a europea no 45%.
Pero outros evidencia a gravidade da desigualdade: En Galicia só o 19,1 por cento dos fogares teñen acceso a Internet, frente ó 30,6 por cento de España ou do 45% da media Europea. Esto significa, segundo o mesmo estudo, que o diferencia de Galicia con España en canto a fogares con acceso a Internet incrementouse nun ano en 3,41 puntos, ata situarse en 11,71%.
Fóra datos, isto quere dicir que os residentes en Galicia teñen cada vez máis distancia respecto a outras comunidades autónomas. A alarma coincide cos datos do último estudio da Fundación Auna: Galicia é a comunidade autónoma con menos fogares conectados a Internet.
A única forma de tratar de mellorar esta situación é tratar de facer o esforzo económico onde toca: na formación necesaria para os cidadáns. Quizás non sexa preciso gastar cartos en implantar sistemas de sinatura dixital para os altos cargos (que pouco ou nada útil aportará á cidadanía) é o momento de apostar, por exemplo, nunha rede de centros de acceso gratuito a internet que incorporen os dinamizadores adecuados para dar formación e asistencia os galegos con menos posibilidades de acceso a Internet. Galicia non pode quedar fóra desta liña. Os esforzos teñen que ir por este camiño.

Por outra banda... coincido coa túa diagnose: a falla está na formación. Pero date conta que en GZ hai tres univ, as tres lideradas por homes de telecos ou tic (Barja na coruña é informático; Docampo é Teleco e Barro é o Responble da CRUE de TIC)... en fin, tres telecos que aínda non lle deron o pulo preciso a todo este tema... (Comment this)
estou totalmente dacordo co que sinalas da ficha técnica. É certo: eu tampouco atopei esa referencia pero que tratei de trasmitir é que si as "información" que se transmiten a través dos medios, ao menos, indican que os galegos en Galicia non acceden moito a Internet. Tampoco hai centros públicos para recurrir a eles.
En canto ao que comentas das universidades, non creo que o problema sexa únicamente esa (o cal por suposto tamén precisa todo ese pulo que precisas) o problema é que tampoco se achega Internet ós sectores sociais que non necesariamente pasan ou pasaron pola universidade. (Comment this)