Sábado 10 de Diciembre de 2005

Posibilidades de Internet

Un grupo de expertos que se reuniron nun encontro celebrado recentemente en Santiago de Compostela concluiron que: a) A Sociedade da Información crea emprego, e saca a xenté da pobreza; b) É preciso que, para xestionar o cambio cara esta nova era dixital, exista cooperación estreita entre cidadáns, empresarios, sindicatos e gobernos; c) Se non se xestiona con habilidade, a Sociedade do Coñecemento pode ser a arma para que os poderosos utilicen para marcar distancias cos menos favorecidos. É a temida fenda dixital, a que afasta ós “inforricos” dos “infopobres”; d) Os gobernos deben favorecer a consecución dunha administración electrónica real, práctica e accesible, a información segura e o bo coñecemento (boas prácticas); e) As novas tecnoloxías fan que todo cambie. Incluso o feito de comunicar. As noticias ábrense, e os xornalistas son hoxe en día un pouco documentalistas e, estes, un pouco xornalistas; f) O software libre é a chave para favorecer a inclusión das sociedades pouco favorecidas na era dixital, na Sociedade do Coñecemento; g) O fenómeno blog está a democratizar a Rede. Todo o mundo informa. A blogosfeira amosa o desenvolmento da prensa escrita tradicional.

 

Son, sen dúbida, unhas interesantes conclusións pero que amosan a tecnoloxía como a solución a moitos dos males actuais.  

a)       A Sociedade da Información crea emprego: efectivamente potencia as posibilidades de comunicación, pero como ferramenta en sí, se as persoas non saben manexalas (alfabetización dixital) non ten sentido esta aseveración. 

b)      É preciso que haxa cooperación entre cidadáns, empresarios e gobernos: Neste punto os gobernos teñen un papel fundamental, evidentemente os intereses empresariais son diferentes ós que os cidadáns de a pe teñen, en principio. O posicionamento do goberno fará que as tecnoloxías sexan un mero instrumento consumista ou unha chave a un maior coñecemento.

c)       A Sociedade do Coñecemento pode ser arma para os poderosos: sen dúbida, o camiño deste traxecto depende dos poderosos e, unha vez máis, polo hincapé que poñan os gobernos nel. 

   d)     Os gobernos deben favoreer a consecución dunha administración electrónica, e non  dunha administración da propaganda, como se está facendo en case tódolos casos actualmente.

 

E ó ultimo punto que comento:

g) O fenóneno blog está a democratizar a rede: Penso que realmente está ampliando as posibilidades de comunicaicón e de expresión persoal, pero se como democracia tamén se entende as posibilidades de cada persoa a buscar información, penso que este “boom” está a facer que atopar unha información sexa cada vez máis difícil debido a abundancia da mesma. Os “intermediarios do interés xeral” teñen un papel fundamental que desenvolver neste aspecto.

 

 

 

 

 

 

 

 

Posted by eva at 13:37:54 | Permanent Link | Comments (1) |
Comentarios
1 - mmm... eu aínda iría mais alo. Coido que a rede e os "Creadores de Contido" poden ser tomados como exemplo da madurez do uso da rede por unha sociedade... (Comment this)

Escrito por: Nan at 2005/12/12 - 08:35:06
Escribir comentario