Emigrantes na rede
Confeso que ando un pouco obsesionada co tema dos emigrantes galegos en Suíza. Será porque o tema me toca de cerca. Ademáis de inquedarme por si hoxe os emigrantes teñen máis posibilidades de información –non poño en dúbida as de comunicación, que estou segura de que sí- pregúntome se ademáis das típicas visitas electorais que os políticos ultiman en campaña electoral, importa en algún aspecto o qué pensan os galegos no exterior.
Busco se hai información dos Centros Galegos no exterior: algún correo electrónico pero o tema das páxinas webs na miña opinión aínda está un pouco floxa. Sego insistindo no tema das páxinas webs municipais: o máximo que ofrecen son información turística –está claro que aínda se segue entendendo coma unha forma de propaganda-. Pero do que non hai nin pegada é cando un retornado intenta seguir o rastro do que xa –qué dúbida hai- forma parte da nosa historia: o lugar de acollida.
¿Algunha pista dos emigrantes galegos en Suíza?
Sería inxusto pola miña parte non citar “Emigración galega”, “Fillos de Galicia”, “Galicia Sempre” e , a rigurosa reportaxe que Domingo Sampredo fixo sobre os emigrantes galegos en Suiza fai varios anos, e outra dúcia de lembrazas para quen o tema da inmigración é algo máis que unha mera palabrería oportunista.
