Política na rede
O pasado xoves un ponente comentaba ante un foro en Madrid que "Internet non é unha variña máxica". Dicía iso en relación a aplicación das novas tecnoloxías á política. Certamente, como apunta David Mathieson, a democracia ten problemas que a tecnoloxía por sí mesma non pode resolver. Aínda que Internet pode facilitar a comunicación entre os cidadáns interesados na política e os políticos interesados nos cidadáns, Internet non pode -só como ferramenta- mover as vontades.
Xustamente, outro analista que xa no ano 1999 dicía esta mesa idea -Richard Davis- insistía en que é inútil lanzarse sobre as novas tecnoloxías como se fosen as salvadoras da apatía política, posto que se os cidadáns non teñen interés por saber qué pasa no seu entorno máis ou menos inmediato, por moi fácil que llo poñan estas ferramentas, ós individuos non lles vai xurdir un interés repentino.
Pero sí é certo non pode obviarse as posibilidades e utilidades destas tecnoloxías para os cidadáns que están intersados en vivir a política como o seu dereito democrático o recoñece: participando na mesma. Por iso, o verdadeiro cambio está sobre todo en que os representantes cambien a súa cultura "política" porque os cidadáns teñen dereito a intervir na política moito máis que unha vez cada catro anos.

Es un problema político que no se arregla con páginas web, blogs o correos electrónicos sino con VOLUNTAD de querer utilizar todos los canales disponibles para escuchar lo que la ciudadanía piensa, siente, opina...
Tal vez también sea un problema "generacional" (no de edad, sino de mentalidad). Hay mucha gente joven con mentalidad "autoritaria" y mucha gente mayor con mentalidad abierta y colaborativa...
En fin... yo confío en el "poder de la red" en positivo. (Comment this)