Martes 29 de Noviembre de 2005

Máis Internet para os representantes

Navengado volvín a atoparme, por casualidade, cunha información dos "pupitres dixitais" do Congreso dos Deputados que xa están funcionando. Pregúntome se a estas alturas "sus señorías" seguirán igual ou máis conectados que fai uns meses.

Esta modernide evócame ó estudo que J.L. Dader leva fancendo durante anos onde analiza -mediante enquisas por correo electrónico- qué uso fan os parlamentarios e senadores españois de Internet e do correo electrónico. E sinceramente, non é moito. Sobre todo si se teñen en conta outros referentes tales como Italia, Francia ou incluso outros países como Uk ou Portugal. Parece que España non termina de animarse.

Portugal é, neste sentido, todo un exemplo. Se un entra nesta web  pode ver sin ser preciso moita perquisa que aparece un listado de deputados co seu correspondente correo electrónico e caderno personal. Pero non é ningunha rareza. O anormal é que España aínda teña pavor a esto de potenciar a comunicación / interactividade co cidadán ¿Será que os españois son moi participativos e saturarían ós seus representantes? De calquera forma, o tema empeza a cansar porque tanto discurso "pensando no cidadán" non ten moito que ver coa práctica.

 En resumo: os cidadáns esperan algo máis porque de boas palabras xa está un esgotado.

Posted by eva at 23:25:10 | Permanent Link | Comments (1) |
Comentarios
1 - Jejeje, tm poderíase falar dos presupostos xerais do estado en formato CD-rom... ¿xq non en pendrive? A política vai un par de anos por detrás da sociedade en todo, pero en TIC vai moito máis.

Por iso os datos do Estado en temas de Administración son tan malos en relación coa UE... ¿como non van a selo se os xefes da Admin andan ás berzas?

F. (Comment this)

Escrito por: Nan at 2005/11/30 - 09:05:07
Escribir comentario