Lunes 28 de Noviembre de 2005

A verdadeira revolución faise en silencio

Os pasados días 10 e 11 de novembro tiven a sorte de volver a encontrarme cos meus compañeiros "dinamizadores de Centros Guadalinfo" da rede que se extende por Andalucía. Ademáis das anécdotas e pormenores, nesta cita "Encuentro de Dinamizadores Guadalinfo" algúns deles deron conta das súas pequenas accións que día a día fan nos seus centros: lugares onde a xente se conecta gratuitamente a Internet e, ademáis, pode recibir cursos e orientación. As personas que están ó cargo desta rede de centros andaluces son os dinamizadores que teñen como tarea silenciosa a tan soada "alfabetización dixital".

Salvador Díaz é o dinamizador dun pobo malagueño chamado "Yunquera" onde ata fai poucos meses unha das grandes fábricas do textil daba emprego a deceas de mulleres. Cando a empresa pechou todas elas quedaron sen emprego e cun atraso de alfabetización moi anterior ó dixital. Este compañeiro contábanos -non sendo moi consciente do valor do seu traballo, coma se dunha rutina se tratase- que él foi o encargado no municipio de poñer ó día a estas mulleres: dende terapias de grupo ata cómo buscar traballo de novo, polo que necesitaban reciclarse pasando por saber cómo encender un ordenador e saber qué podían facer con Internet. Salvador contoume que varias destas personas xa atoparon traballo e moitas elas, gracias a perquisas na rede, están en procesos de selección. Algunhas destas mulleres teñen máis de 50 anos. Esta é, no meu parecer, unha tarefa de alfabetización que sin necesidade de bombos mediáticos está a facer máis por esta sociedade que todas as outras melloras meramente tecnolóxicas.

E cónstame que éste é só un exemplo dos centros que pode haber nesta comunidade. Así, neste encontro atopeime cunha persona vencellada a Galicia que me insistíu na necesidade de que calquera centro de acceso público a Internet ten que ter un monitor, un dinamizador, un individuo, ó menos, que se encargue de enseñarlle a moverse pola rede ás persoas e colectivos con menos posibilidades a conectarse. Hai actualmente por todo o territorio español deceas de centros de ordenadores que están inutilizados porque non hai ninguén que lle de unha funcionalidade.

Non houbo fotografías ante medios de comunicación, nin termos que asustan con só oílos nombrar, porque aínda seguen sendo silenciosas as cousas que realmente merence a pena, como aquí, que se reflicte que a tecnoloxía non pode quedarse no aspecto máis consumista senón que hai que traballar para que sirva como medio de superación personal e social, na procura dunha sociedade máis xusta, democrática baseada, como non pode ser doutra forma, no coñecemento.

Posted by eva at 23:09:05 | Permanent Link | Comments (3) |
Comentarios
1 - Muito boa a tua apreciación. Ésta, acho que é uma das diferencias entre a Sociedade da Informaçao (na qual o importante sao as infraestructuras, os equipamentos e as conexions a banda super ancha pela descarrega de pelis e musica) e outra muito diferente é a Sociedade do Conhecimento (na qual o mais importante sao as pessoas e o seu conhecimento). Neste outro modelo as pessoas con mais edade tem muito que transmitir ás novas geraçoes que tal vez num blog possam escrever a historia do seu avó na II República ou na guerra civil para que muitas experiencias vitales positivas se transmitao aos cidadaos do futuro, e os erros que se cometerao nao se voltem a repetir. (Comment this)

Escrito por: Mentxu at 2005/11/29 - 01:04:48
2 - Hola Eva. encantado de saludarte de nuevo. Me acaba de dar una amiga mia el enlace para que leyese el artículo, no me lo podia creer, hablaban de mí en portugués. Una sorpresa, pero en cuanto ví el nombre del blog te reconocí. Muchisimas gracias por tu apreciación y tu palabras. Tengo que darte más sorpresas y es que algunas de las mujeres que se formarón en Guadalinfo estan poninedo sus propios negocios. Para mí esa es la verdadera recompensa de todo el proyecto. Tienes razón cuando dices que a estas actividades no se le da bombo mediático, pero ahí estamos nosotros luchando por las personas y el desarrollo de nuestros pueblos.

Un fuerte abrazo, ya sabes donde econtrarme, para cualquiero cosa que necesites.
 (Comment this)

Escrito por: Salva at 2007/07/12 - 11:05:24
profile
3 - Salva!
Muchas gracias!!!! Voy a escribirte un e-mail. (Comment this)

Escrito por: eva at 2007/07/12 - 11:28:44
Escribir comentario