Sábado 26 de Noviembre de 2005

¿Qué pasa na política galega coa tecnoloxía?

Gracias a un traballo en colaboración coa miña colega Mentxu Ramilo para ver o índice de implicación dos parlamentarios autonómicos en termos de participación cidadán, teño a sensación de que Galicia é unha das comunidades menos animadas no desenvolvento do que os tecnócratas veñen a chamar "democracia electrónica". Para iniciar esta análisis fixemos previamente un estudo do estado da cuestión en Galicia. O resultado: Nada alentador. Iremos dando conta do mesmo puntualmente.

O certo é que creo que falla a "promoción". Por exemplo, nas pasadas eleccións autonómicas Galicia dou un salto neste aspecto e incorporouse, segundo a miña visión, no tren das novas tecnoloxías. Sen embargo, nadie dixo nada, nadie fixo nada.Nen sequera os propios protagonistas seguiron o camiño.

Aínda que o resultado deste traballo que fixemos desta campaña electoral -análisis das web dos partidos e dos candidatos que concurrían ás eleccións- está pendiente de publicación non me resisto a contar algunhas das conclusión as que chegamos.

Os catro partidos políticos que se analizaron -PP, PSdeG, BNG e IU- tiñan páxina web e todos eles tiñan unha web personalizada do candidato, pero dos catro só dous facilitaban un correo electrónico para recibir mensaxes dos cidadáns: Pérez Touriño e Anxo Quintana. O candidato de PP dispoñían da dirección de e-mail do webmaster. Algunhas observacións foron que a web de Manuel Fraga -no seu momento:www.ppdegalicia.com/candidato/- era moi impersonal e os contidos eran prácticamente os mesmos que os da paxina do partido.

O PSdeG, pola súa banda, imitaba a web de Zapatero, nas eleccións lexislativas, ademáis dun correo electrónico, xa citado, incluia foros de opinón, información personalizada do candidato (currículo, entrevistas ou un saúda). Como novidade, incorporaba unha newsletter e una sección chamada "móvome", imitando o lema da campaña ("Móvome por Galicia"), para que os cidadáns enviasen as súas fotografías e publicasen as súas mensaxes partindo de "móvome por...".

A gran novidade do BNG foi "O diario de Quin" onde o candidato Anxo Quintana daba conta do día a día da campaña electoral. Este caderno foi citado en foros académicos por investigadores especializados. Unha das que eu recomendo é a de Irene Ramos Vielba, quen me autorizou a citala:

Segundo esta experta, Anxo Quintana puso en marcha o seu blog o 30 de maio para a campaña galega pero na súa opinión no se pode falar con propiedade de blog, xa que non ofrece a posibilidade de enviar comentarios ás anotacións que Quintana inclue na páxina. Así -engade- só facilita unha dirección de correo electrónico para enviar comentarios pero non anotación ó pe das anotacións senon noutra sección do sitio web. Ademáis, non se incorpora ningún enlace a outras blogs, sitios web ou outras páxinas. Así, Ramos Vielba considera que "se trata, sin más de una página personal donde, además de ofrecer datos biográficos, el político vierte sus opiniones sobre diversos temas de actualidad o informa sobre las actividades que ha llevado o llevará a cabo. Estamos, pues, ante un mero caso de mercadotecnica política: la utilización de la palabra 'blog' para atraer a un público iniciado en su uso".

Neste sentido, só atopei durante a última campaña electoral galega un blog que sea merecedor de tal nome: o de José Manuel Lage Tuñas que manteu máis ou menos actualizado durante esos días e que a día de hoxe segue escribindo.

Ademáis destes comentarios, tamén son significativos outros proxectos que se realizaron na campaña galega neste ámbito. Algúns deles:

Galicia2005.net

Una iniciativa que Europa Press Net en colaboración coa Xunta de Galicia e o Parlamento de Galicia organizaron para que os electores galegos plantexaran cuestións e suxerencias ós candidatos que concurriron nas eleccións autonómicas do 19 de xuño, mediante foros abertos. As conclusións poden verse pinchando aquí.

eleccionesgallegas.com

Unha comunidade de blogs coa temática das eleccións galegas do 2005.

Unha empresa de Ferrol -Loro Estudio- desenvolveu una proxecto para descargar os programas electorais dos partidos políticos a través de móviles.

Posted by eva at 15:56:39 | Permanent Link | Comments (4) |
Comentarios
1 - Interesante reflexión sobre el uso de las TIC en Galicia. Lo de la descarga de programas vía móviles no lo conocía... pero realmente, alguien quiere descargarse un programa electoral en su móvil? Yo desde luego NO. Prefiero tener la oportunidad de hablar (presencial o telemáticamente) con algún político para que me cuente qué pretende hacer si gana las elecciones y volver a estar con él durante su mandato y al final con las 3 o 4 cosas que me dijo que iba a hacer, para ver si se está haciendo o, como siempre, nos ha engañado.

Personalmente creo que, como dice Benjamin Barber, el desarrollo de la democracia en el futuro no es una cuestión "tecnológica" sino POLÍTICA (qué obviedad, ¿verdad?). Pero desgraciadamente compruebo cada día que se gasta muchísimo dinero en infraestructuras (tecnológicas, inmobiliarias...) que en contenidos (investigación, conocimiento, servicios...). Y ésta es una decisión POLÍTICA, no "tecnocrática-interesada" que parece ser que es lo que está siendo. (Comment this)

Escrito por: Mentxu at 2005/11/27 - 11:23:25
2 - Mmmm pois esquéceste do blog de Carme Adan, algo que si era un blog real, pero que agora está offline :( e benvida ao blogmillo!!! (Comment this)

Escrito por: Nan at 2005/11/28 - 11:06:26
3 - Mentxu,
Totalmente de acuerdo contigo con que la tecnología no puede ser únicamente un avance técnico. En el caso de la descarga electoral, ni que decir tiene que cada una de las descargas tenía un coste añadido para el usuario / elector.
Nan,
Gracias pola túa información, tomarei boa nota dela.
 (Comment this)

Escrito por: Eva at 2005/11/28 - 23:18:05
4 - Acabo de atopar esta información: unha interesante entrevista a Carmen Adán e a José Manuel Lage sobre o uso dos blog na campaña electoral. En Vieros: http://www.vieiros.com/seccion/nova.php?Ed=33&id=43629 (Comment this)

Escrito por: Eva at 2005/11/29 - 22:23:22
Escribir comentario