O Congreso dos Deputados estrea web
Esta mañá o Congreso dos Deputados estrenou a súa nova web.
Aos que navegamos a miúdo por ela víasenos hoxe un tanto despistados, aínda que nin hai que dicir que o troco foi para mellor. Máis alá das consideracións técnicas e de deseño creo que supón un pequeno "gran fito" dentro do proceso que esta cámara iniciou co obxectivo de acadar unha maior transparencia e proximidade co cidadán.
Pero sen descoidar a importancia que a transparencia da información ten para calquera viso de participación cidadá, en breve o Congreso presentará as páxinas web dos deputados e dos grupos parlamentarios. Nelas -segundo dixo hoxe o presidente da Cámara, Manuel Marín- os membros do Congreso terán plena autonomía e dependencia para a súa relación cos cidadáns.
Estas webs persoais instalaranse a todos os deputados que o solicíten expresamente e, a través dun soporte lóxico de fácil uso, os parlamentarios poderán actualizar a información da súa páxina web ao seu criterio, creando novas seccións, incluindo documentos ou ligazóns, foros de debate, buzóns de correo electrónico, blogs, etc.

Comentarios Recientes
estou paseándome por algúns blogs d