Os políticos están percibindo as oportunidades que ofrece a Rede para achegarse aos cidadáns a través dos blogs ou diarios persoais en Internet. Anxo Quintana, vicepresidente da Xunta, marcou un fito ao ser o primeiro candidato á Xunta de Galicia cun diario de campaña en Internet, aínda que foi sometido a críticas polos blogueiros porque non permitía comentar os artigos.
Pola súa banda, José Manuel Lage Tuñas, deputado socialista no Parlamento de Galicia, foi nesta comunidade o primeiro parlamentario con blog, no ano 2004: “Ninguén dera pasos nesta dirección, sentíame un pouco raro naquel momento. Agora, tres anos despois, comeza a ser algo moi normal. Animo aos meus compañeiros e compañeras a que teñan o seu espazo weblog e enriquézase así o noso traballo como representantes dos cidadáns”, comentabame Lage Tuñas nun correo electrónico.
A un mes de tres días das eleccións municipais, nas principais cidades galegas algúns dos candidatos estanse apuntando a última hora á moda dos blogs, mentres que outros tratan de actualizar unha bitácora creada non máis alá do ano pasado.
Un dos máis recentes na blogosfera galega é o candidato á alcaldía da Coruña, Enrique Téllez León, que o pasado 28 de febreiro presentou públicamente a súa bitácora persoal en Internet.
Detalladamente, a cidade herculina é a que conta con máis candidatos con blog. O político do PPdeG, Carlos Negreira, ten unha bitácora realizada por un grupo de apoio, pero non polo propio candidato; e o actual alcalde, Javier Losada dispón dunha páxina persoal incluída na web do Concello, pero non dun blog. O resto dos políticos que se presentan á alcaldía nesta cidade teñen presenza en Internet: polo BNG, o mencionado Enrique Tello e o candidato do Partido Independente, Fernando Rodríguez Carcoba. Ningún candidato do PsdeG, PPdeG, BNG e EU ten blog.
Tan só un dos candidatos que asisten ás próximas eleccións municipais nos municipios de Ferrol, Lugo, Ourense, Vigo e Pontevedra publicaron unha bitácora. En Ferrol trátase de Juan Juncal, candidato do PPdeG; en Lugo do alcalde, Xosé López Orozco, en Ourense do socialista Francisco Rodríguez; en Pontevedra de Telmo Martín, do PPdeG;e, finalmente, en Vigo, Santiago Domínguez, do BNG.
Destes sete blogs, cinco crearonse dende xaneiro deste ano e tan só dous (o alcalde de Lugo e o candidato do Partido Independente da Coruña) durante o 2006.
Unha das razóns que argumentan os políticos para publicar o seu blog é a intención de comunicarse cos cidadáns. Téllez León explica no seu blog que esta ferramenta “abre un horizonte fascinante” na relación coa xente. Sen embargo, este candidato é precisamente o único dos blogueiros mencionados que non permiten aos seus lectores comentar os seus artigos.
Como ferramentas de interacción, ademáis dos comentarios, todos menos o candidato do PPdeG en Ferrol inclúen un enderezo de correo electrónico ou un formulario, e tan só Francisco Rodríguez, do PSdeG en Ferrol, inclúe outras ferramentas para mediar as opinións dos seus lectores, neste caso unha enquisa.
Está por verse como os representantes galegos evolucionan en Internet durante estas eleccións a través dos blogs, espertan non poucas críticas entre uns cidadáns activos en Internet que esperan dos seus representantes un contacto continuo e non unhas ferramentas creadas en pre-campaña e esquecidas despois das eleccións.
Comentarios Recientes
estou paseándome por algúns blogs d