Máis weblogs de políticos

Xa están esquencidas as pasadas eleccións municipais (aínda que en Navarra anden a voltas co tema) e por ese motivo sería interesante ver cantos daqueles candidatos á alcaldía en Galicia [que recollemos nun wiki en chuza] conservan a súa bitácora ou confirman definitivamente a nosa hipótese de que a weblog era unicamente unha ferramenta máis da súa estratexia política para acadar (ao parecer) máis votos.

Dun primeiro vistazo pódese pensar o que xa outros compañeiros blogueiros dixeron fai tempo (e-Xaps): trátase dun tema de marketing político.

En Galicia o tema é o seguinte: Efetivamente, algúns dos blogs que se recollen nese directorio pechan as entradas cun “Grazas a todos” (Rocío da Igrexa Prego) outros con temas que non semellan unha despedida pero que non se actualizan dende o mes de maio (Juan Juncal). Pero, afortunadamente, hai un importante número de políticos que conservan (a mes de xullo-agosto) as súas weblogs actualizadas [Silvia Carreño, Ánxela Franco, Miguel R. Carnota, Iván Puentes, entre outros]. Polo que me toca, teño que citar ao (agora) alcalde de Noia quen no só manten a súa bitácora senón que a actualiza puntualmente (e incluso varias veces ao día). A segunda cuestión que teríamos que ver aquí e cantos deles responden as consultas dos seus cidadáns nos comentarios que lle formulan.

Por tanto, non está tan claro que a maioría dos políticos galegos que crearon a unha weblog como candidatos as pasadas eleccións municipais se despreocupen agora delas. Será que Galicia está a romper a regra?

Category: Uncategorized

Tagged:

2 Responses

  1. Anonymous says:

    Me alegro de leerte de nuevo.
    Un beso muy fuerte.
    Espero que tu tesis avance y “progrese adecuadamente” :-)

    Antoni Gutiérrez-Rubí

  2. Anonymous says:

    Pois moito me temo que ata o que eu consideraba todo un éxito para a participación cidadán en Vigo está morto ou a piques de morrer… refírome ó blog de Santi Dominguez BNG.

Leave a Reply