O Congreso dos Deputados estrea web

Esta mañá o Congreso dos Deputados estrenou a súa nova web. Aos que navegamos a miúdo por ela víasenos hoxe un tanto despistados, aínda que nin hai que dicir que o troco foi para mellor. Máis alá das consideracións técnicas e de deseño creo que supón un pequeno “gran fito” dentro do proceso que esta cámara iniciou co obxectivo de acadar unha maior transparencia e proximidade co cidadán.

A web terá agora contidos moito máis actualizados, e a través do seu motor de busca poderase acceder a un extenso arquivo de documentos dixitalizados. Ademais, a partir de setembro os deputados e o persoal do Congreso terán que afacerse a traballar “sen papeis” na súa actividade.

Pero sen descoidar a importancia que a transparencia da información ten para calquera viso de participación cidadá, en breve o Congreso presentará as páxinas web dos deputados e dos grupos parlamentarios. Nelas -segundo dixo hoxe o presidente da Cámara, Manuel Marín- os membros do Congreso terán plena autonomía e dependencia para a súa relación cos cidadáns.

Estas webs persoais instalaranse a todos os deputados que o solicíten expresamente e, a través dun soporte lóxico de fácil uso, os parlamentarios poderán actualizar a información da súa páxina web ao seu criterio, creando novas seccións, incluindo documentos ou ligazóns, foros de debate, buzóns de correo electrónico, blogs, etc.

 

Despois da campaña… QUE?

Días antes de iniciarse a campaña electoral decidimos reagrupar nun wiki aos políticos galegos que contaban cun blog. Agora, cando xa as augas propogandísticas con ansias do poder se van calmando, sería interesante ver cantos desas bicátoras están absolutamente ignoradas.

Isto ven a ligazón dun dos temas que estou bolando nos últimos meses -é o que ten fecharse para facer una tese….- a razón de que, probablemente, de todos os grupos de representantes políticos o que comprende aos partidos políticos é ao que con máis evidencia se lles ve os pasos estratéxicos na Rede. Para dicilo doutra forma, que outros representantes aparecen entusiasmados na Rede e desaparecen con tanta falicidade?

Non se vai descubrir agora unha das teorías -sustentas por tantos autores- de que Internet non é máis que unha moda para os políticos pero que en esencia, é ridículo esperar que vaia a traer algunha forma transformación no modo de facer política e na maneira de entendela. Se algúns de nós resistimos a creer nesta idea, parece ser que os partidos non fan máis que méritos para ao menos despois das elecciones, empecemos a cuestionarnos a súa posibilidade.