Abstención

Despois dos resultados electorais os dous grandes partidos políticos desta democracia nosa anda rifando porque quen gañou as eleccions. Parece incríble pero como xa apuntaban algúns medios de comunicación “todos gañaron”. A min dame un pouco de mágoa ver que ningún dos principais políticos fixo alusión a enorme abstención nestes comicios municipais.

O PSOE tivo 7.758.093 votos (en total)

O PP, 7.914.084 votos

E nada menos que 12.773.269 cidadáns non votaron.

Alem de causas externas a vontade dalguns, un gran número destes cidadáns non votou por desinterese, por non estar conforme coas alternativas e por outra serie de razóns semellantes.

Supoño que, canto menos, este dato merece unha reflexión e unha explicación dos nosos políticos..

A participación e as NTIC nos programas electoráis

A participación cidadá a través das NTIC figura nalgúns programas políticos como unha nota máis de “estar á moda”. É curioso o que -por exemplo- o PSOE de A Coruña inclúe no seu programa:

Medidas para favorecer la incorporación individual de la ciudadanía en la construcción de la ciudad:

_ Desarrollar y diversificar canales y espacios para facilitar la participación de las personas a título individual.

_ Aprovechar la potencialidad que ofrecen las nuevas tecnologías de información y comunicación para propiciar la participación individual.

_ Facilitar la colaboración voluntaria de personas en la realización de actividades de interés para la ciudad

_ Promover la participación de las personas usuarias de los servicios públicos municipales para mejorar sus prestaciones

Unha proposta deste calibre, tan vaga e imprecisa, tórnase máis un tanto que semella catro liñas para incluir as NTIC e participaicón no programa que un verdadeiro desexo de conciencia para integrar ambas parcelas.

Recopilando programas electorais….

Levo varios días afastada da realidade virtual tratando de dixerir unha chea de programas electorais para ver que tipo de contratos me ofrecen firmar estos políticos. Fixen unha pequena proba e comprobei cantos dos webs dos partidos que se presentan as eleccións na cidade de A Coruña e na de Madrid tiñan publicado o seu programa electoral. A verdade é que só uns cantos (IU de Madrid, por exemplo) tiña algunhas dicas pero non o programa completamente colgado, salvo o PSOE á Comunidade de Madrid.

 A segunda proba foi enviar un e-mail solicitando o programa a aqueles partidos que non o tiñan colgado e… Despois dunha semana e media todos os partidos de A Coruña me remitiron o programa e de Madrid só IU. Os que mandaron o programa fíxeronno dentro dos tres primeiros días e dende entón estou lendo o contido deles para ver qué ofertan…. (democracia competitiva

Estiven tentada a enviar un e-mail a algunos dos meus colegas para ver cantos deles van votar e cantos leron o programa electoral dos respectivos partidos. Logo  pensei que sería un pouco malvado, nada máis que para calmar a miña curiosidade así que sumín da prática, ainda que conservo a curiosidade. Sería interanse ver cantos dos cidadáns len os programas electorais, tendo en conta que ésta é a día de hoxe a única prática participativa que temos nesta democracia e os programas son contratos que os políticos se comprometen (digo comprometen) a cumplir.

Aparte dos contidos, este pequeno tanteo amosoume que os partidos canto máis grandes, canto máis “Aparato de partido” -como pode ser o caso do PP e do PSOE de Madrid- máis lonxe está do cidadán. Canto máis profesionalizado o político, máis lonxe do cidadán… Xa o dicía Sartori.

Seguirei lendo ainda que, unha vez máis, penso que xa teño decidido que vou facer nas próximas eleccións.

pegada de cartéis

Hoxe é a pegada de carteis.

A maioría dos partidos levan máis dun mes xa con eles pegados.

Cambiar as institucións?

No interesante debate do día 2 de maio entre Ségolène Royal e Nicolas Sarkozy os candidatos á presidencia da República Francesa falaron sobre unha hipotética reforma das institucións. Mentras o conservador amosouse claramente contrario a calquera cambio, a candidata socialista afirmou que se está asistindo a una “crisis democrática” e é preciso modificar as institucións para facer unha democracia máis transparente e cercana os cidadáns.

Perdinme eu algún debate real entre os polílticos gobernantes en España ou é que estamos ante un tema tabú?

 

e-Democracia, e-Goberno & e-Administración

Unha das cuestións máis curiosas coas que me estou atopando na bibliografía sobre esta materia é que unha multitude de autores españois están relacionado os conceptos de e-democracia, e-goberno así como de e-adminitración cunhas estructuras piramidais que deberían ser discutidas.

Nun primeiro grupo están aqueles autores que colocan no pico da pirámide o e-goberno, e debaixo del figuraría a e-administración e a e-democracia. Nun segundo, son aqueles que parten da e-Administración no pico da pirámide e despois colocan o e-goberno e a e-democracia.

No terceiro, no que me ubico, están os que consideran que a e-democracia (tendo en conta que se establecen diferencias entre a e-democracia, a democracia dixital e a ciberdemocracia) e un sistema político que parte da idea de que o poder reside no pobo e a partícula “e” ven facendo alusión a aplicación das NTIC. Dentro desta idea, a democracia está constituido polo poder xudicial, polo poder lexistativo e o executivo. E sería precisamente neste último onde se ubicaría o e-goberno, aludindo ó presidente de goberno e os ministros (sendo o goberno nacional) e a e-adminitración, que abarca as institucións gubernamentais. Desta forma, a pirámide en sí debería ser a e-democracia, para facer referencia en calquera dos seus tres puntos os poderes nos que se sustenta.

Esta clasificación tan absolutamente simple non ven máis para tratar de racalcar que, na miña idea, non se pode dicir que a democracia dixital é a parte do goberno electrónico que permite a comunicación entre os cidadáns e os gobernos. Se é así, algo está fallando na intepretación básica do noso sistema político.

Parlamento e Internet nos cursos de verán

Un dos cursos de verán máis interesantes que este ano se impartirán no noso territorio é, na miña opinión, o da Universidade do País Vasco que baixo o título tan xenérico de “e-Democracia” abordará diferentes aspectos da democracia electrónica. Pareceme interesante, non só polo panel de participantes, senon sobre todo porque adica varias mesas ó Internet Parlamentario.

E é precisamente neste punto onde me chama máis a atención. Efectivamente, fálase da democracia dixital no ámbito local e noutras áreas máis ou menos precisas, pero na miña idea o Internet Parlamentario é un impotante punto desta nova democracia que xa está mudando e vai afrontar de contado moitos cambios. Para achegarse a este tema, no caso deste curso, intervirán Jon Gomez Goikolea, xefe de gabinete do Parlamento Vasco, para falar do modelo teórico de e-Democracia dos Parlamentos Europeos; Richard Hough, responsable do comité público de Petitions no Parlamento Escocés e, entre outros, Andoni Iturbe March, diretor de estudios do Parlamento Vasco, que exporá os proxectos implantados no Parlamento Vasco tales como Zabalik, Parte Hartu e Parlamauto.